CRTVG

Buscar

Programación

  • 07:00 h

    AXÓUXERES: AXÓUXERES 14

  • 07:10 h

    AXÓUXERES: AXÓUXERES 15

  • 07:15 h

    CARACOIS: POLO CAMIÑO DAS FORMIGAS

  • 07:20 h

    CARACOIS: FORMIGA DESAPARECIDA

  • 07:25 h

    TUTU 3D: TUTU 3D 40

  • 07:35 h

    TUTU 3D: TUTU 3D 41

  • 07:40 h

    TELMO E TULA: TELMO E TULA 19

  • 07:45 h

    TELMO E TULA: TELMO E TULA 20

  • 07:55 h

    OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): OS BOLECHAS XIV (OS BOLECHAS EXPLORADORES II) 381

  • 08:00 h

    BRAULIO TUBER III: BRAULIO TUBER III 107

  • 08:10 h

    CONTOS DO CAMIÑO, O: A PRINCESA DO CAUREL

  • 08:30 h

    en emisión

    GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 11.03.2024

    Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega.
  • 09:30 h

    VIVIR AQUÍ: Reviven as casetes na galega

    Programa de reportaxes.
  • 09:35 h

    A PORTA ABERTA: Asociación de Executivas de Galicia

    Programa dirixido por X. H. Rivadulla Corcón que ten como obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o traballo das asociacións e entidades sociais galegas. O programa achégase hoxe á historia e presente da Asociación de Executivas de Galicia, coa presidenta, Carla Reyes Uschinky; a vicepresidenta, Concepción Vilaboa, e as asociadas Andrea Gonzalez, e Estela Bermello.
  • 09:55 h

    A PORTA ABERTA: Escena Galega

    Programa dirixido por X. H. Rivadulla Corcón que ten como obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o traballo das asociacións e entidades sociais galegas. Galicia é pais de fonda tradición creativa nos espazos escénicos, e unha asociación, Escena Galega, reúne as compañías de teatro, danza e novo circo, que buscan camiños de futuro e seguir sendo parte da identidade cultural do noso país. Hoxe contarán a historia e a actualidade de Escena Galega o seu, presidente Santiago Cortegoso; a vogal da asociación Pa
  • 10:20 h

    PADRE CASARES: Traspaso de poderes

    Delmiro planea o seu regreso triunfal ao concello. O segredo de Rodrigo está a piques de saír á luz e non é outro que a identidade do seu pai, tal e como lle contou, nunha peculiar confesión inversa, a Sindo. Agora o taberneiro garda unha información moi preciosa e arde en desexos de rexoubarlla a todo o que se cruce no seu camiño. Pero funciona o segredo de confesión en ambas as dúas as direccións?
  • 11:20 h

    PADRE CASARES: Pobres de espírito

    Rodrigo quere volver a Mali. Os seus fregueses volvéronse tolos polo diñeiro do seu pai. O pai de Rodrigo chegou a Louredo para recuperar, ao seu xeito, o agarimo do seu fillo. Agora, toda a vila ve o párroco con outros ollos: Rodrigo é un auténtico partidazo. Pero, por que o herdeiro de don Marcial renunciou a todo para facerse sacerdote? A murmuración está servida.
  • 12:15 h

    PADRE CASARES: Na virtude está a riqueza

    A relación entre Rodrigo e o seu pai parece mellorar, pero outra persoa chegará á vida do novo sacerdote para, se cabe, complicarlla un pouco máis. Trátase de dona Virtudes, tía de Moncha e santa de escasa devoción por parte de Delmiro.
  • 13:15 h

    PADRE CASARES: E no principio foron os porcos

    Delmiro e Miñato, na súa procura do agasallo que Franco lle fixo ao pai do alcalde, atoparon algo oculto na sede presidencial. O problema é que Crisanto sábeo e o achado fíxose en territorio católico. E, se don Pablo o ocultou alí deliberadamente, a quen pertence agora?
  • 14:15 h

    DE BARES: DE BARES 6

    Programa que ofrece un retrato de hostaleiros e clientes, a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon, ao longo dos tempos, para atender o público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafetarías, tendas-bar, bares-estanco, restaurantes, etc.
  • 15:00 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 15:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 11.03.2024

    Presenta Marta Darriba.
  • 16:10 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 11.03.2024

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 16:25 h

    NO FOCO: NO FOCO 09.03.2024

    Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
  • 16:45 h

    BONANZA: A historia de Julia Bulette

    Serie. No estado de Nevada, ó sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
  • 17:30 h

    TI VERÁS: 156

    Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
  • 18:30 h

    CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 11.03.2024

    Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.
  • 19:30 h

    CARDCAPTOR SAKURA: CARDCAPTOR SAKURA 41

  • 20:00 h

    SAMURAI CHAMPLOO: SAMURAI CHAMPLOO 14

  • 20:30 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). 'Zigzag' entrevistará o músico Roberto Sobrado, que presenta novo disco, e falará de cinema fantástico co guionista Javier Trigales.
  • 20:55 h

    A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 11.03.2024

  • 22:00 h

    TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 11.03.2024

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.
  • 23:10 h

    VIGO 1972

    Documental que rememora un dos fitos galegos da loita antifranquista. Baixo a dirección de Roi Cagiao, lembra a folga que tivo lugar en setembro dese ano na cidade olívica, mergullando o espectador nun relato tan trepidante como emotivo.
  • 23:10 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

  • 00:15 h

    TODA A VIDA Á RAXEIRA

    Santiago Torrente e Alfonso Tellado, prexubilados de Bazán e activos dirixentes sindicais dende a década dos 70, son os protagonistas deste relato, que achega aspectos relacionados cos estaleiros de Astano e Bazán, cos traballadores, o movemento social e sindical, a crise, a reconversión, o día a día dos prexubilados, e o futuro do sector naval e da cidade.
  • 01:05 h

    PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1290

    Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Marcial Mouzo, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
  • 06:00 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: Ribadeo

    Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. O programa visita hoxe Ribadeo, un dos concellos máis turísticos de Galicia.