CRTVG

Buscar

Programación

  • 07:00 h

    AXÓUXERES: AXÓUXERES 8

  • 07:10 h

    CARACOIS: AMIZADE DE CARACOIS

  • 07:15 h

    CARACOIS: TEMOR DE CARACOL

  • 07:20 h

    TUTU 3D: TUTU 3D 98

  • 07:30 h

    TUTU 3D: TUTU 3D 99

  • 07:40 h

    TELMO E TULA: TELMO E TULA 25

  • 07:50 h

    TELMO E TULA: TELMO E TULA 26

  • 08:00 h

    OS BOLECHAS (OS BOLECHAS EXPLORADORES II): OS BOLECHAS XIV (OS BOLECHAS EXPLORADORES II) 393

  • 08:10 h

    BRAULIO TUBER

  • 08:20 h

    CONTOS DO CAMIÑO, O: UN GATO NA ÁRBORE

  • 08:30 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 09:00 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). O musicólogo Javier María López falará en ‘Zigzag’ da súa obra ‘Herminio Villaverde. A trompa na Fonsagrada’.
  • 09:10 h

    en emisión

    LATEXOS DA CIDADE

    A TVG tómalles o pulso ás grandes urbes galegas a través dos seus habitantes. Neste programa, os espectadores coñecerán cada edición tres personaxes con vidas únicas e poranlles nome e voz ás persoas coas que se cruzan cada día. 'Latexos da Cidade' vivirá hoxe os atascos á entrada dun colexio coruñés e coñecerá as 'tripas' dun gran centro comerical de Vigo. O programa tamén falará cunha patronista dunha grande empresa ourensá de moda e cos facultativos dun centro de Urxencias lucense.
  • 10:10 h

    PADRE CASARES: Vota don Crisanto

    Comeza a campaña electoral en Louredo. Delmiro parece atopar a solución para que Crisanto abandone a candidatura: un inspector avaliará se o cura está en condicións de presentarse.
  • 11:05 h

    PADRE CASARES: O voto é decreto

    A campaña electoral segue en Louredo. Don Crisanto trata de descubrir no confesionario o voto dos veciños. E Delmiro trata de engaiolalos coas súas promesas, sobre todo a Sindo, que vai ser vogal na mesa.
  • 12:10 h

    PADRE CASARES: Volver ás catacumbras

    Louredo ten novo alcalde. Crisanto asume o mando ante a ledicia dos veciños e o enfado de Delmiro. As súas primeiras decisións traen polémica. Gregorio, o mestre de relixión, estase divorciando, algo que non gusta nada. Ante a presión, Gregorio dimite.
  • 13:10 h

    PADRE CASARES: Sen tele non hai paraíso

    Os últimos capítulos da telenovela teñen enganchadas as beatas da vila, tanto que nin van á misa. Miñato, obrigado por don Crisanto, corta os cables do repetidor, deixando sen sinal a toda a vila.
  • 14:10 h

    DE BARES: DE BARES 26

    Programa que ofrece un retrato de hostaleiros e clientes, a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon, ao longo dos tempos, para atender o público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafetarías, tendas-bar, bares-estanco, restaurantes, etc.
  • 15:00 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 15:30 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 07.02.2024

    Presenta Marta Darriba.
  • 16:20 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 07.02.2024

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 16:35 h

    O TEMPO

  • 16:45 h

    BONANZA: Fillo do destino

    Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
  • 17:35 h

    TI VERÁS

    Concurso presentado por Rodrigo Vázquez que combina unha aditiva dinámica de xogo e o aspecto máis humano e interactivo do 'talk show'. As parellas concursantes deben responder correctamente 8 preguntas e abrir 8 das 10 bonecas rusas xigantes para conseguir a maior cantidade de cartos posibles.
  • 18:20 h

    DE QUEN VÉS SENDO: Os nomes da infancia

  • 19:00 h

    CARDCAPTOR SAKURA: CARDCAPTOR SAKURA 18

  • 19:30 h

    DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 261

  • 20:00 h

    EVANGELION: EVANGELION 17

  • 20:35 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). A bailarina viguesa Marcia Vázquez presenta en ‘Zigzag’ a montaxe ‘Vaivén’, unha peza escénica de danza contemporánea.
  • 21:00 h

    SEGREDOS - DESMONTANDO GALICIA: Comarca do Eume

    Os espectadores descubrirán a comunidade dun xeito único, desde os puntos de vista máis abraiantes e inéditos. Presentado por Diana Nogueira e Alicia Burton, este novo programa amosará, sen límites espaciais e temporais e grazas ás integracións 3D, os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural galego. Hoxe achégase ao corazón da comarca do Eume para descubrir a riqueza dos seus recursos. A través de espectaculares imaxes aéreas e recreacións en 3D, os espectadores
  • 22:00 h

    TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 07.02.2024

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.
  • 23:10 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

  • 23:10 h

    NAQUELES TEMPOS: Do paraninfo ás TOP list

    Serie documental que percorre a música e a sociedade de Galicia durante a segunda parte do século XX.
  • 00:05 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). A bailarina viguesa Marcia Vázquez presenta en ‘Zigzag’ a montaxe ‘Vaivén’, unha peza escénica de danza contemporánea.
  • 00:30 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 01:00 h

    PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1257

    Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Marcial Mouzo, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
  • 06:00 h

    GALICIA NOTICIAS PEZAS: GALICIA NOTICIAS PEZAS 220 PANDEIRETA TANXUGUEIRAS

  • 06:00 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: Cambre

    Anselmo, o que fora carteiro de ‘Luar’, interpretado por Luís Zahera, está de volta para percorrer Galicia cada sábado, visitando os lugares e veciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, uns destinatarios moi especiais que teñen moito que contar da nosa terra. O concello coruñés de Cambre, un lugar cheo de artistas, é esta semana o destino do espazo.
  • 06:55 h

    AXÓUXERES: AXÓUXERES 7