CRTVG

Buscar

Programación

  • 07:00 h

    AXÓUXERES: AXÓUXERES 33

  • 07:10 h

    CARACOIS: CARACOL INVENTOR

  • 07:15 h

    CARACOIS: AMIZADE DE CARACOIS

  • 07:20 h

    TUTU 3D: TUTU 3D 98

  • 07:30 h

    TUTU 3D: TUTU 3D 99

  • 07:35 h

    TELMO E TULA: TELMO E TULA 26

  • 07:40 h

    OS BOLECHAS (MERENDA COS BOLECHAS II): OS BOLECHAS XIII (MERENDA COS BOLECHAS II) 370

  • 08:05 h

    BRAULIO TUBER

  • 08:15 h

    CONTOS DO CAMIÑO, O: UN GATO NA ÁRBORE

  • 08:30 h

    GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 02.01.2024

    Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega.
  • 09:30 h

    ERA VISTO!

    Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán.
  • 09:55 h

    ERA VISTO!

    Serie de humor inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Na primeira peza, "Manobra de Heimlich", poderá verse a envexa de dous colegas fronte ao xefe; en "Cuestión de honor" os colegas poñen en marcha un plan para acabar coas súas diferenzas; e na terceira historia coñecerase a moza de Lino, que vai pasar uns días a Lameiro e ameaza con quedarse a vivir co carteiro, ata o punto de facerse insoportable.
  • 10:20 h

    ERA VISTO!

    Serie de humor inspirada en historias e personaxes do universo rural galego.
  • 10:45 h

    ERA VISTO!

    Serie de humor inspirada en historias e personaxes do universo rural galego.
  • 11:15 h

    PRATOS COMBINADOS: Todo un artista

    Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Poranse a proba os celos de Miro Pereira, cando a súa dona Balbina e a súa filla Rosalía senten unha gran admiración por algúns artistas e, sobre todo, polo escritor Tomás Vilariño, un dos habituais clientes do bar. Ante esta provocación, Miro afirma que el é tan imaxinativo e creador coma o que máis, e decide converterse en escritor contando para iso coa inestimable axuda do seu cuñado Antón.
  • 11:40 h

    PRATOS COMBINADOS: Mans de seda

    No Bar Suízo prodúcense toda unha serie de roubos. O Paspallás, Antón e algúns outros clientes botan en falta as súas carteiras. Cando a Balbina lle falta a súa axenda electrónica pecha de súpeto as portas do bar coa esperanza de que o ladrón aínda estea no interior do local.
  • 12:10 h

    PRATOS COMBINADOS: Tódolos homes son distintos

    Rosalía prepara a súa oposición coa esperanza de se converter en profesora de instituto. Un antigo profesor -o coñecido catedrático Ramón Parga- promételle axuda. Trátase dun home abraiante que ademais sabe entender o papel da muller actual. Pero nada é como parece...
  • 12:40 h

    PRATOS COMBINADOS: O cóctel

    Matías é un home encantador que aparece polo Bar Suízo na busca dunha antiga namorada súa. Ademais é todo un experto na elaboración de "cócteles", e Antón e Miro deciden aprender a respectable arte de facer combinados.
  • 13:05 h

    PRATOS COMBINADOS: A recomendación

    A filla maior da familia Pereira está vivindo uns días de gran intranquilidade debido ás súas oposicións e o seu pai Miro, que é dos que aínda confían nas recomendacións, comeza a matinar algúns vellos métodos para superar os exames. Confiándose ao seu cuñado Antón, pídelle axuda para preparar unha estratexia que el cre infalible e na que intervirán lacóns, empanadas e viños do país.
  • 13:30 h

    PRATOS COMBINADOS: América, América

    O fillo de Miro e Balbina séntese moi ilusionado polo intercambio que prepara o seu instituto cun colexio dos Estados Unido,s pero o certo é que as posibilidades de viaxar ao outro lado do océano son escasas debido ás dificultades económicas da familia Pereira. O tío Antón, coma sempre, intenta achegar as solucións que ten ao seu alcance, pero todos os enredos que pon en marcha non fan máis que empeorar as cousas.
  • 14:00 h

    POLO REGO

    Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
  • 14:30 h

    POLO REGO

    Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
  • 15:00 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 15:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 02.01.2024

    Presenta Marta Darriba.
  • 16:10 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 02.01.2024

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 16:25 h

    SOÑO CONTIGO: SOÑO CONTIGO 1

    Espazo presentado por Alba Mancebo e a personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amosará á audiencia da TVG a paisaxe galega Hoxe amosa a iluminación de Nadal de cidades, vilas e aldeas de Galicia.
  • 17:05 h

    BONANZA: Unha noite de descanso

    Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
  • 18:00 h

    TI VERÁS

    Concurso presentado por Rodrigo Vázquez que combina unha aditiva dinámica de xogo e o aspecto máis humano e interactivo do 'talk show'. As parellas concursantes deben responder correctamente 8 preguntas e abrir 8 das 10 bonecas rusas xigantes para conseguir a maior cantidade de cartos posibles.
  • 18:50 h

    DEPORTE EXTRA: A última aventura de Aniol

  • 18:55 h

    FÚTBOL PRIMEIRA DIVISIÓN RFEF: C.D. Lugo – R.C. Celta Fortuna

    En directo.
  • 20:55 h

    PIPPI CALZASLARGAS: PIPPI E OS PIRATAS PARTE I

  • 21:25 h

    DETECTIVE CONAN, O: DETECTIVE CONAN 235

  • 22:00 h

    TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 02.01.2024

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.
  • 23:10 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

  • 23:10 h

    OS SEGREDOS DA CAPELA MAIOR: OS SEGREDOS DA CAPELA MAIOR DA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

    Documental que revela a grandiosidade deste espazo da catedral de Santiago. Durante varios meses, un equipo de profesionais de Televisión de Galicia, dirixidos por Senén Bernárdez, seguiron os traballos de intervención neste conxunto, un dos máis importantes de Occidente, que ocultaba grandes segredos baixo a deterioración debida ao paso do tempo.
  • 00:25 h

    FAMILIA DE OFICIO: Carpintería de Ribeira

    Francisco Fra é a sexta xeración de Carpinteiros de Ribeira da súa familia en San Cibrao. Ama o seu oficio e non o mudaría por nada. A súa familia contará a historia e el nos ensinará o día a día no seu traballo.
  • 01:00 h

    en emisión

    PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1172

    Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Marcial Mouzo, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
  • 06:00 h

    TERRA DE MIRANDA: Fálame do mar

    Tras a ruptura matrimonial, Carmela deixa Vigo e establécese en Miranda, a súa terra natal. É veterinaria e retoma a súa profesión para ocupar a vacante que deixou o seu tío Alfonso, acabado de xubilar. Queda a vivir, xunto cos seus fillos, Brais e Bea, na casa do seu vello e solitario tío. O Club Deportivo Mirandés recibe unha nova derrota, María trata de facerlles entender que só se trata dun xogo, pero para os mirandeses é moito máis ca iso e suxírenlle que calada está máis guapa.