CRTVG

Buscar

Programación

  • 07:00 h

    AXÓUXERES: AXÓUXERES 33

  • 07:10 h

    CARACOIS: QUE SUSTO!

  • 07:15 h

    CARACOIS: CARACOL INVENTOR

  • 07:20 h

    TUTU 3D: TUTU 3D 59

  • 07:25 h

    TELMO E TULA: TELMO E TULA 37

  • 07:35 h

    TELMO E TULA: TELMO E TULA 38

  • 07:40 h

    OS BOLECHAS XIII (MERENDA COS BOLECHAS II): OS BOLECHAS XIII (MERENDA COS BOLECHAS II) 365

    Sonia e Braulio buscan ideas para decorar a súa casa no Nadal, para iso conversan co alumnado do CEIP Antía Cal Vázquez onde os cativos están a preparar as súas artesanías de Nadal. Logo de escoitar a panxoliña de Miguel, Braulio tamén se anima a cantar.
  • 08:05 h

    BRAULIO TUBER

  • 08:15 h

    en emisión

    CONTOS DO CAMIÑO, O: RATO TOM E RATA TOMASA

  • 08:30 h

    GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 05.12.2023

    Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega.
  • 09:35 h

    A PORTA ABERTA: Asociación Galega de Sumilleres

    Programa dirixido por X. H. Rivadulla Corcón que ten como obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o traballo das asociacións e entidades sociais galegas. A historia do viño remóntase ao ano 8000 antes da era actual, localizándose o seu nacemento na beira do Mar Negro. Lonxe de Galicia, pero o noso país soubo poñerse ao día. Hoxe é unha potencia vinícola mundial. Coñecedores do viño, a súa historia e as súas calidades son os sumilleres, que se reúnen na Asociación Galega de Sumilleres.
  • 10:00 h

    MÉTODO CRIMINAL: Índice de risco

    Serie da TVG co narcotráfico como tema de fondo, con Luís Iglesia e Miguel Canalejo como protagonistas. A trama arranca cando Damián Canosa ten que facerse cargo do negocio ilegal da súa familia e decide recorrer ao actor que deu vida ao temible Carmelo Matalobos. Damián e Sofía séntense en perigo despois do asasinato de Rosario e intentarán dar co verdadeiro culpable. Os dous son conscientes de que os colombianos sospeitarán deles e, coa axuda de Luís e Cecilia, poñen en marcha un plan para gañar tempo.
  • 10:45 h

    SERRAMOURA: Entre reixas

    Marga atópase nunha situación na que é difícil defender a súa inocencia. Mentres, Tomás e Diego están facendo todo o posible por dar cunha pista que a axude a probar a teoría de que todo é unha trampa. Pero os acontecementos non fan máis que complicar a posta en liberdade da sarxento Neira. Quique, pola súa banda, continúa coa investigación do suicidio, que tamén se complica máis e máis segundo van pasando as horas.
  • 11:50 h

    SERRAMOURA: O inimigo na sombra

  • 12:55 h

    SERRAMOURA: Outro espello para Alicia

    Ambientado no mundo da madeira, este thriller rural conta a historia dunha pequena vila do interior e leva os espectadores por algunhas das paisaxes forestais máis belas e tamén máis misteriosas de Galicia.
  • 14:00 h

    POLO REGO

    Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
  • 14:30 h

    POLO REGO

    Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
  • 15:00 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 15:20 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 05.12.2023

    Presenta Marta Darriba.
  • 16:10 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 05.12.2023

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 16:25 h

    O TEMPO

  • 16:35 h

    BONANZA: Sam trato xusto

    Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
  • 17:25 h

    TI VERÁS

    Concurso presentado por Rodrigo Vázquez que combina unha aditiva dinámica de xogo e o aspecto máis humano e interactivo do 'talk show'. As parellas concursantes deben responder correctamente 8 preguntas e abrir 8 das 10 bonecas rusas xigantes para conseguir a maior cantidade de cartos posibles.
  • 18:15 h

    GALEGOS NO MUNDO: Xamaica

    Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.
  • 19:30 h

    PIPPI CALZASLARGAS: PIPPI E OS PIRATAS PARTE II

  • 19:55 h

    SHIN CHAN (657-681): IMOS A UN CASAMENTO / MIÑA NAI CONDUCE COA NOITE BOTADA / DECLARARSE ÉCHEVOS MOI COMPLICADO

  • 20:30 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). O director do Coro da Ra, Ramón Bermejo, visita hoxe ‘Zigzag’ para falar do 30º aniversario do grupo.
  • 20:55 h

    A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 05.12.2023

  • 22:00 h

    TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 05.12.2023

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.
  • 23:10 h

    CASÓN, 1987

    Reconstrución emotiva, minuto a minuto, dun feito que conmoveu a Galicia en 1987 e que agudizou a necesidade de transferir as competencias nalgunhas materias ás autonomías, sobre todo na seguridade marítima. Este é un documental para a memoria contemporánea dun pobo que contempla cada día como pasan centos de buques con cargas perigosas diante das súas espectaculares costas.
  • 23:10 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

  • 00:05 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). O director do Coro da Ra, Ramón Bermejo, visita hoxe ‘Zigzag’ para falar do 30º aniversario do grupo.
  • 00:30 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 01:00 h

    PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1144

    Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Marcial Mouzo, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
  • 06:00 h

    TERRA DE MIRANDA: Impostores

    Tras a ruptura matrimonial, Carmela deixa Vigo e establécese en Miranda, a súa terra natal. É veterinaria e retoma a súa profesión para ocupar a vacante que deixou o seu tío Alfonso, acabado de xubilar. Queda a vivir, xunto cos seus fillos, Brais e Bea, na casa do seu vello e solitario tío. Mucha non levanta cabeza desde que marchou Manuel. Silvino, levado polo estado de ánimo de Carmucha e querendo ocultar que o seu irmán é un impresentable, decide facerse pasar por el.