CRTVG

Buscar

Programación

  • 07:00 h

    AXÓUXERES: AXÓUXERES 18

  • 07:10 h

    CARACOIS II: REDE, A

  • 07:15 h

    CARACOIS II: Lección

  • 07:20 h

    TUTU 3D: TUTU 3D 96

  • 07:25 h

    TELMO E TULA: TELMO E TULA 23

  • 07:35 h

    TELMO E TULA: TELMO E TULA 24

  • 07:40 h

    OS BOLECHAS XI (MERENDA COS BOLECHAS): OS BOLECHAS XI (MERENDA COS BOLECHAS) 323

  • 08:00 h

    BRAULIO TUBER: CEIP de Medeiros

  • 08:10 h

    CONTOS DO CAMIÑO, O: CORRE CORRE, CABACIÑA

  • 08:30 h

    GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 24.11.2023

    Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega.
  • 09:30 h

    CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 257

    Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.
  • 10:10 h

    A PORTA ABERTA: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias

    Programa dirixido por X. H. Rivadulla Corcón que ten como obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o traballo das asociacións e entidades sociais galegas. As cooperativas agroalimentarias galegas contribúen a poñer en valor os produtos autóctonos e a fixar poboación no rural, e para defender esta forma de entender o traballo e a súa dimensión social naceu a Asociación Galega de Cooperativas Agrolimentarias, da que hoxe se falará en 'A Porta Aberta'.
  • 10:30 h

    MÉTODO CRIMINAL: Ogallá fose unha broma

    Serie da TVG co narcotráfico como tema de fondo, con Luís Iglesia e Miguel Canalejo como protagonistas. A trama arranca cando Damián Canosa ten que facerse cargo do negocio ilegal da súa familia e decide recorrer ao actor que deu vida ao temible Carmelo Matalobos. No segundo capítulo de 'Método Criminal', Damián secuestra a Luís Iglesia para que lle ensine a ser como Carmelo Matalobos. O actor terá que elixir entre aceptar a súa petición de axuda para convertelo no líder da súa banda ou, pola contra, seguir
  • 11:20 h

    SERRAMOURA: Nada que dicir

    Pero se antes tiña ganas de deter a organización, agora, ao poñer en perigo a súa familia, converteu a súa misión nun asunto persoal. Cando Marga avisa no cuartel do sucedido, Diego non tarda en sospeitar que Clara pode estar metida no allo. Estará involucrada neste feo asunto a alférez Durán? Pero a maior das sorpresas chegará cando fale directamente con ela, xa que lle revelará algo que o vai deixar coa boca aberta.
  • 12:25 h

    SERRAMOURA: Caza

    Os rusos, emboscados, atacaron o coche patrulla mentres Diego intentaba facer fronte aos disparos. Marga fuxirá cara ao monte para protexer a Benigno, pero unha bala perdida fere o sospeitoso nunha perna e a fuxida farase lenta e difícil.
  • 13:25 h

    SERRAMOURA: A primeira regra

    Santos, Raquel, Román, Quique e Pancho, que non foi descuberto polos secuestradores no cuarto de baño. Fóra, a Garda Civil planea o posible asalto do local para liberar os reféns. O operativo promete ser moi difícil e perigoso.
  • 14:30 h

    POLO REGO

    Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
  • 15:00 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 15:20 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 24.11.2023

    Presenta Marta Darriba.
  • 16:10 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 24.11.2023

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 16:25 h

    O TEMPO

  • 16:30 h

    BONANZA: A vella sheba

    Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
  • 17:20 h

    TI VERÁS

    Concurso presentado por Rodrigo Vázquez que combina unha aditiva dinámica de xogo e o aspecto máis humano e interactivo do 'talk show'. As parellas concursantes deben responder correctamente 8 preguntas e abrir 8 das 10 bonecas rusas xigantes para conseguir a maior cantidade de cartos posibles.
  • 18:15 h

    ESCAPÁRATE: ESCAPÁRATE 7

    A TVG aposta polo comercio local con 'Escapárate', programa que propón adentrarse nas tendas de toda a vida. Dous equipos, integrados por profesionais e polos propietarios dos negocios, compiten para ver quen consegue preparar o mellor escaparate. ‘Escapárate’ comeza hoxe a súa andaina axudando dous comercios que suman máis de 200 anos de historia, un en Melide e outro no casco histórico de Santiago.
  • 19:35 h

    PIPPI CALZASLARGAS: PIPPI MEDIASLONGAS 8

  • 20:00 h

    SHIN CHAN (455-529) (530-554): Teño que tirar unha foto /remexémo-la casa de arri

  • 20:30 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). Os comisarios da mostra sobre a verbena e as orquestras en Galicia, que acolle a Biblioteca de Galicia, Henrique Neira e Zósimo López, falan do proxecto hoxe no programa.
  • 20:55 h

    LATEXOS DA CIDADE

    A TVG tómalles o pulso ás grandes urbes galegas a través dos seus habitantes. Neste programa, os espectadores coñecerán cada edición tres personaxes con vidas únicas e poranlles nome e voz ás persoas coas que se cruzan cada día. Hoxe propón un paseo en bus pola Coruña e unha visita a un taller de coches en Pontevedra. Ademais, o programa irá de ruta polas principais pastelarías ourensás e bailará pop, dance e reggaeton nos locais do Areal vigués.
  • 22:00 h

    TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 24.11.2023

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.
  • 23:10 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

  • 23:10 h

    EU, TONYA

    Década de 1990. Tonya Harding é unha prometedora patinadora sobre xeo estadounidense, unha moza de clase obreira, sempre baixo a sombra da súa implacable e insensible nai, pero cun talento innato capaz de facer un triple axel en competición. En 1994, a súa principal rival para os Xogos Olímpicos de inverno é a súa compatriota Nancy Kerrigan, á que, pouco antes dos Xogos, un matón a soldo lle golpea o nocello cunha barra de ferro. As sospeitas recaeron no entorno de Tonya, o que supuxo o comezo do fin da súa
  • 01:00 h

    en emisión

    PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1133

    Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Marcial Mouzo, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
  • 06:00 h

    TERRA DE MIRANDA: Cuestión de supervivencia

    Tras a ruptura matrimonial, Carmela deixa Vigo e establécese en Miranda, a súa terra natal. É veterinaria e retoma a súa profesión para ocupar a vacante que deixou o seu tío Alfonso, acabado de xubilar. Queda a vivir, xunto cos seus fillos, Brais e Bea, na casa do seu vello e solitario tío.