CRTVG

Buscar

Programación

  • 07:00 h

    AXÓUXERES: AXÓUXERES 17

  • 07:10 h

    CARACOIS II: NOITE DO VAGALUME, A

  • 07:15 h

    TUTU 3D: TUTU 3D 94

  • 07:20 h

    TUTU 3D: TUTU 3D 95

  • 07:30 h

    TELMO E TULA: TELMO E TULA 21

  • 07:35 h

    TELMO E TULA: TELMO E TULA 22

  • 07:45 h

    OS BOLECHAS XI (MERENDA COS BOLECHAS): OS BOLECHAS XI (MERENDA COS BOLECHAS) 322

  • 08:05 h

    BRAULIO TUBER

  • 08:10 h

    CONTOS DO CAMIÑO, O: CHOCOLATE

  • 08:30 h

    GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 23.11.2023

    Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega.
  • 09:55 h

    A PORTA ABERTA: Asociación Galega de Familias de Acollida

    Programa dirixido por X. H. Rivadulla Corcón que ten como obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o traballo das asociacións e entidades sociais galegas. A familia é un elemento de especial importancia para construír o futuro, xa que nelas medran, socializan e aprenden os nenos e nenas das seguintes xeracións. Os espectadores coñecerán hoxe un tipo de familias que aportan solucións a moitas complexidades reais doutras familias. E estas reúnense na Asociación Galega de Familias de Acollida.
  • 10:20 h

    MÉTODO CRIMINAL: As motivacións dos personaxes

    Serie da TVG co narcotráfico como tema de fondo, con Luís Iglesia e Miguel Canalejo como protagonistas. A trama arranca cando Damián Canosa ten que facerse cargo do negocio ilegal da súa familia e decide recorrer ao actor que deu vida ao temible Carmelo Matalobos. Damián Canosa, que medrou vendo as series da TVG e que se dedica en corpo e alma ao negocio legal da súa familia, un tanatorio ten que facerse cargo do negocio ilegal: o narcotráfico. Pero el non sabe nada do negocio, polo que non lle queda máis
  • 11:05 h

    SERRAMOURA: O disfrace do mal

    Porén, cando a Garda Civil se pon a investigar o caso, os corpos dos finados desaparecen e, pese á súa incredulidade, o tenente Penedo non ten máis remedio que poñelo en liberdade. Por outro lado, o alcalde de Serramoura recibe unha inesperada visita na súa casa: Micaela Morais, a nova xefa da mafia rusa en Serramoura, que chega cunha misión moi clara á vila: conseguir o serradoiro custe o que custe.
  • 12:15 h

    SERRAMOURA: A árbore do aforcado

    Polo menos iso é o que di a teoría. Despois das primeiras indagacións, Marga ten en mente outra teoría: a dun homicidio. Tomás non a desbotará logo de escoitar varias mensaxes de voz de Xurxo pedindo axuda, pois temía pola súa vida.
  • 13:20 h

    SERRAMOURA

    O avance na investigación pon nerviosa a Micaela, que, decidida a pararlles os pés aos sarxentos, vai poñer en marcha un plan para asustalos. Pero os problemas na vila seguen afectando á súa forma de vida. Fartas do bloqueo que sofre o serradoiro, Gloria e Raquel deciden tomar a iniciativa e falar cos madeireiros da vila para convencelos de que lle subministren ao serradoiro. Pero Santos non lles vai poñer as cousas doadas e, co visto e prace de Micaela, ameazará a todo aquel que lles leve madeira.
  • 14:25 h

    POLO REGO

    Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
  • 15:00 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 15:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 23.11.2023

    Presenta Marta Darriba.
  • 16:10 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 23.11.2023

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 16:25 h

    O TEMPO

  • 16:35 h

    BONANZA: BONANZA II 168

    Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
  • 17:25 h

    TI VERÁS

    Concurso presentado por Rodrigo Vázquez que combina unha aditiva dinámica de xogo e o aspecto máis humano e interactivo do 'talk show'. As parellas concursantes deben responder correctamente 8 preguntas e abrir 8 das 10 bonecas rusas xigantes para conseguir a maior cantidade de cartos posibles.
  • 18:10 h

    GRANDES LUGARES: Asados (Rianxo) + Fragas (Campo Lameiro) + Olveiroa (Dumbría)

    Os veciños e as familias son os protagonistas deste programa, e nesta ocasión os reporteiros visitarán a parroquia de Asados, en Rianxo. Ademais, achegaranse ata a de Fragas en Campolameiro e a de Olveiroa, no concello coruñés de Dumbría.
  • 19:30 h

    PIPPI CALZASLARGAS: PIPPI VAI Á ESCOLA

  • 20:00 h

    SHIN CHAN (455-529) (530-554): En busca do ien perdido / Hoxe xogamos ao tren /O Coello de Nené fala!

  • 20:30 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). Os novos directores das grandes orquestras clásicas galegas reúnense hoxe no estudio do 'Zigzag'.
  • 20:55 h

    A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 23.11.2023

  • 22:00 h

    TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 23.11.2023

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.
  • 23:10 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

  • 23:10 h

    AS MIL E UNHA PÁXINAS: Xuvenil I

    Neste programa abordamos o mundo da literatura xuvenil coa axuda de Ledicia Costas, unha das autoras mais recoñecidas e traducidas do noso país. Descubrimos libros para público adolescente de todos os xéneros: novelas de aventuras, ciencia ficción, romántica ou fantasía. O programa desvela todos os segredos da literatura xuvenil.
  • 23:45 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). Celso Sanmartín presenta hoxe en 'Zigzag' o seu último poemario, ‘A cousa eterna’.
  • 00:10 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 01:00 h

    en emisión

    PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1132

    Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Marcial Mouzo, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
  • 06:00 h

    TERRA DE MIRANDA: A contracorrente

    Tras a ruptura matrimonial, Carmela deixa Vigo e establécese en Miranda, a súa terra natal. É veterinaria e retoma a súa profesión para ocupar a vacante que deixou o seu tío Alfonso, acabado de xubilar. Queda a vivir, xunto cos seus fillos, Brais e Bea, na casa do seu vello e solitario tío.