Programación
-
07:00 h
AXÓUXERES: AXÓUXERES 11
-
07:10 h
CARACOIS: ACCIDENTE
-
07:10 h
CARACOIS: CACA
-
07:15 h
TUTU 3D: TUTU 3D 88
-
07:25 h
TUTU 3D: TUTU 3D 89
-
07:30 h
TELMO E TULA: TELMO E TULA 16
-
07:40 h
OS BOLECHAS XI (MERENDA COS BOLECHAS): OS BOLECHAS XI (MERENDA COS BOLECHAS) 319
-
08:00 h
BRAULIO TUBER
-
08:05 h
CONTOS DO CAMIÑO, O: A POTA QUE TROTA
-
08:30 h
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 20.11.2023
Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega. -
09:40 h
A PORTA ABERTA: Escena galega
Programa dirixido por X. H. Rivadulla Corcón que ten como obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o traballo das asociacións e entidades sociais galegas. Galicia é pais de fonda tradición creativa nos espazos escénicos, e unha asociación, Escena Galega, reúne as compañías de teatro, danza e novo circo, que buscan camiños de futuro e seguir sendo parte da identidade cultural do noso país. Hoxe contarán a historia e a actualidade de Escena Galega o seu, presidente Santiago Cortegoso; a vogal da asociación Pa -
10:05 h
VIRADEIRA: VIRADEIRA 21
Serie. “Viradeira” narra, en clave de humor, a pugna entre veciños e expertos buscadores de tesouros por facerse co ouro dun galeón afundido. Hoxe, antes da voda do ano, Héctor e Carmela fan balance. A parella quere un enlace sinxelo e discreto, pero Charo e Lucita están empeñadas en que sexa unha celebración por todo o alto. -
11:10 h
SERRAMOURA: Moito que calar
Serie. Don Amancio, párroco de Serramoura, vive torturado polo segredo de confesión. O seu sancristán fíxolle partícipe do peor dos relatos, e a súa condición de sacerdote obrígalle a calar. O cura desexa abandonar a vila, pero a súa marcha prexudicaría seriamente a Santos, que non pensa deixar escapar un dos seus mellores negocios. -
12:20 h
SERRAMOURA: Todo por nada
Serie. Román Fiúza atacou a Quique, o Garda Civil máis novo do cuartel de Serramoura, sen motivo aparente. O fillo de Evaristo xa está en prisión á espera de xuízo. Pero Quique sospeita que detrás do estraño e violento comportamento de Román atópase algo máis. Sabedor do que capaz, teme o peor. -
13:25 h
SERRAMOURA: Loita de poder
Serie. Evaristo fai campaña en Serramoura contra Roxelio Fidalgo. Chegou o momento do gran mitin final. Teresa Soutelo encárgase de organizalo todo; ela ten o diñeiro e ela decide. Unha situación que desquicia a Evaristo, pero coa que traga. Á fin e ao cabo, é a única vía para recuperar o poder social e económico do que antes gozaba o apelido Fiúza. Pero, cal será o prezo para pagar? -
14:25 h
POLO REGO
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. Clase teórica de poda para principiantes en ‘Polo Rego’, que tamén trae hoxe unha nova versión da pasta de dentes. -
15:00 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
15:20 h
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 20.11.2023
Presenta Marta Darriba. -
16:10 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 20.11.2023
Información deportiva a cargo de Terio Carrera. -
16:25 h
NO FOCO: NO FOCO 18.11.2023
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado. -
16:40 h
BONANZA: BONANZA II 165
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe. -
17:30 h
TI VERÁS
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez que combina unha aditiva dinámica de xogo e o aspecto máis humano e interactivo do 'talk show'. As parellas concursantes deben responder correctamente 8 preguntas e abrir 8 das 10 bonecas rusas xigantes para conseguir a maior cantidade de cartos posibles. -
18:30 h
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 20.11.2023
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid. -
19:30 h
PIPPI CALZASLARGAS: PIPPI VAI DE EXCURSIÓN
-
20:00 h
SHIN CHAN (455-529) (530-554): Nanako botou mozo / Mamá perde o sentido por un actor pimpante / Kenta Musashino prepara o torneo de Kendo
-
20:30 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). O xornalista e escritor Ramón Mariño falará no ‘Zigzag’ do seu libro ‘Fanzines en Galicia’, unha breve historia da autoedición galega. -
20:55 h
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 20.11.2023
-
22:00 h
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 20.11.2023
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva. -
23:10 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
-
23:10 h
DOUS DE VINTETANTOS
Documental en primeira persoa que achega unha realidade de difícil solución: a violencia viaria. A través do seguimento dos casos máis duros da recente historia negra da sinistralidade viaria en Galicia, amosa a dor das familias pola morte dos seus e a inxustiza que rodea esta enorme lacra social. -
00:30 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). O xornalista e escritor Ramón Mariño falará no ‘Zigzag’ do seu libro ‘Fanzines en Galicia’, unha breve historia da autoedición galega -
01:00 h
en emisiónPENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1129
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Marcial Mouzo, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas. -
06:00 h
TERRA DE MIRANDA: A terra da raíña Maud
Tras a ruptura matrimonial, Carmela deixa Vigo e establécese en Miranda, a súa terra natal. É veterinaria e retoma a súa profesión para ocupar a vacante que deixou o seu tío Alfonso, acabado de xubilar. Queda a vivir, xunto cos seus fillos, Brais e Bea, na casa do seu vello e solitario tío.