TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 02.12.2024
Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 02.12.2024
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESTACHE BO!: Sopa de robaliza con berberechos
'Sopa de robaliza con berberechos' é o prato que o chef Iván Mariñas preparará hoxe. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, falará das propiedades dos berberechos.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO 56
A TVG tómalle a temperatura ao día a día dos galegos con ‘O termómetro’, o novo magazine das mañás, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña. Centrado na realidade social galega, ofrecerá unha ampla cobertura en directo da actualidade e, da man de expertos, tratará os temas que máis preocupan os espectadores. Arranca decembro en ‘O termómetro' falando sobre os agasallos máis típicos en Nadal, e visitando a pista de xeo de Vilagarcía e un obradoiro de roxóns en Oleiros.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Sevi Martínez.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 02.12.2024
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 02.12.2024
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 542
HORA GALEGA: HORA GALEGA VIII 529
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 02.12.2024
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 02.12.2024
SALVAXE
A TVG renova o 'prime time' coa estrea de 'Salvaxe', o reality de aventuras máis extremo realizado nunca en Galicia. Neste novo formato, presentado por María Lamela, 18 concursantes deberán superar distintos retos físicos e mentais que porán a proba a súa resistencia, intelixencia, forza e capacidade de traballo en equipo. Os concursantes inician a aventura na praia de Valdoviño, onde descobren quen van ser os seus compañeiros. Enfróntanse aos primeiros retos para conseguir mellores condicións de vida e loitar polo liderado. Non saben que a estratexia que decidan xogar vai ser determinante para a súa continuidade no concurso, pois un deles vai ser xa o primeiro expulsado.
EXPEDICIÓN GALICIA: Os Ancares
Un reto que os protagonistas deberán encarar co respecto que a montaña merece e aproveitando os medios que a natureza ofrece para poder sobrevivir e superar os obstáculos que atoparán no camiño.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 02.12.2024
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado a diario por Pilar G. Rego e por María Solar os xoves. Da man do investigador Xaime Varela, os espectadores de ‘Zigzag’ poderán achegarse á figura da cineasta Cruz Risco, filla de Vicente Risco e unha das pioneiras galegas do cinema.
HORA GALEGA: HORA GALEGA VIII 529
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
ESTACHE BO!: Sopa de robaliza con berberechos
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.