TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 26.11.2024
Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 26.11.2024
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unha entrevista con Kepa Loizaga, voceiro da OCU.
O AGRO: O AGRO 26.11.2024
ESTACHE BO!: Arroz ao caldeiro
'Arroz ao caldeiro' é o prato que o chef Iván Mariñas preparará hoxe. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, dará os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO 52
A TVG tómalle a temperatura ao día a día dos galegos con ‘O termómetro’, o novo magazine das mañás, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña. Centrado na realidade social galega, ofrecerá unha ampla cobertura en directo da actualidade e, da man de expertos, tratará os temas que máis preocupan os espectadores. O programa analiza os problemas de accesibilidade nas vivendas e coñece un diccionario de medicina ao que lle puxeron voz en galego rapaces de Primaria de Compostela.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Sevi Martínez.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 26.11.2024
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 26.11.2024
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVII 1014
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 538
HORA GALEGA: HORA GALEGA VIII 523
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 26.11.2024
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 26.11.2024
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA II 108
Un total de 8.400 € están en xogo no ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. Manu, da Coruña; Santi, de Cambados; Sara, de Vigo; Loreto, de Cabanas, e a nova incorporación, Alba, de Redondela, van loitar polo gran premio neste programa. Un deles pode levar o bote ou, no caso de errar algunha das cinco preguntas do 'minuto final', o petisco de 200 €.
IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO II
Formato centrado na reforma interior e decoración de vivendas, que vai transformar casas por toda Galicia. Inda e Julio son reformadores profesionais e en cada entrega do programa terán un reto diferente. Atoparanse con casas antigas, desfasadas ou en malas condicións, pero, coa axuda da decoradora Vanesa, pegaranlles un cambio radical. Malia retrasos e improvisacións, o espazo abraia hoxe coa transformación dunha vivenda a medio facer. Un proxecto de interiorismo bastante complicado para o que non se contou coa axuda do dono, cuxas prioridades semellaban estar en calquera outro lugar.
COS PÉS NA TERRA
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O programa estará hoxe cun luthier que quere recuperar o pito pastoril, un instrumento tradicional. O espazo da TVG tamén ten unha cita cunha pementeira e co responsable dun centro equino especializado nas máis avanzadas terapias ecuestres.
PERDIDA EN IRLANDA
Para Connie, as cousas non foron segundo o planeado durante moitos anos, tanto profesionalmente coma na súa vida privada. Ata que o fillo do director executivo se fai cargo do negocio e impón novas normas. Nun futuro, o inglés será o idioma dos negocios. Como non quere perder o seu traballo, inscríbese inmediatamente nun curso intensivo en Irlanda. Pero a perfeccionista Connie non está preparada para a súa mestra Gillian nin para o seu compañeiro de estudos Max, que actualmente está en Irlanda visitando a súa filla Amy, de 16 anos. Axiña se decata de que lle falta algo máis na súa vida perfecta que falar un inglés perfecto.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 26.11.2024
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1943
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
ZIGZAG: Capítulo 3087
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado a diario por Pilar G. Rego e por María Solar os xoves. O rapeiro Hugo Guezeta presenta hoxe en ‘Zigzag’ o seu primeiro disco, titulado ‘O meu tempo’.
ESTACHE BO!: Arroz ao caldeiro
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVII 1014
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.