Programación
-
09:30 h
en emisiónBOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 21.09.2024
Presenta Chus Tanoira. -
10:15 h
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1117
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia. -
10:50 h
LABRANZA: LABRANZA 1706
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
11:20 h
QUERO UN XARDÍN!: QUERO UN XARDÍN
Programa emotivo e vitalista que ten por obxectivo transformar eses anacos de terra descoidados ao carón das vivendas en bonitos xardíns. Cada edición aborda dous casos protagonizados por aqueles que buscan sorprender un ser querido agasallándoo cun xardín. Na súa estrea, o programa embelecerá, cunha coidada selección de plantas e con traballos de xardinería, senllas casas de Vilaboa e Aguiño. -
12:40 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA VII 472
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
13:55 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 21.09.2024
Presenta Alberto Mancebo. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 21.09.2024
Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva. -
15:20 h
NO FOCO: NO FOCO 21.09.2024
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado. -
15:45 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 21.09.2024
-
15:55 h
AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN: AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN II
Espazo, en directo, presentado por Trisha Fernández e Rafa Durán. O ‘Aquí verán’ despide o verán desde Sanxenxo, mentres asiste tamén ás celebracións da Virxe dos Dores, en Lalín; ás Festas da Guadalupe, en Rianxo, e ao San Mateo, de Ponteareas. -
19:05 h
A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: Cuba: Galegos no Golfo de México
Moitos dos galegos e galegas que marcharon a Cuba na procura dunha vida mellor acabaron en Casablanca, un encerellado conxunto de casas ao pé do Cristo que mandou construír unha galega. Alí estaba Peixiño, o barrio no que ata os pescadores cubanos falaban galego. E onde se forxou a grande epopea cuxas pegadas seguirá esta serie documental polo barrio dos pescadores galegos na Habana. A serie documental seguirá hoxe as pegadas dos galegos no barrio de pescadores da Habana. -
20:15 h
FAKE NEWS: FAKE NEWS 23
Concurso de rúa que mestura actualidade e entretemento de xeito innovador. O presentador, Dani Polo, embárcase cada sábado e domingo na misión de atopar concursantes que, con intuición e astucia, estean dispostos a discernir a verdade da mentira. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:55 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 21.09.2024
-
22:10 h
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA 63
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ acumula 43.800 € no seu bote. Meri, de Nigrán; Chote, de Tapia de Casariego; Sonia, da Coruña; Juan, de Vilarmaior, e Adriana, da Illa de Arousa, concursan polo gran premio. O petisco de 200 € está garantido para quen chegue ao 'minuto final' e non dea respondido correctamente ás cinco pregunt -
22:50 h
BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXVI 460
Espazo de entretemento presentado por e Lucía Regueiro. Os espectadores de 'Bamboleo' coñecerán o novo traballo de Luís Cepeda e gozarán coas emblemáticas cancións de Pili Pampín. Da música máis verbeneira vaise encargar a orquestra La Ola ADN, que porá o público a bailar. -
01:30 h
A DAMA DE AZUL
Unha tarde, Pierre, un crítico musical, ve nunha tenda unha misteriosa e elegante moza vestida completamente de azul, que lle chama poderosamente a atención. Desde entón, non pode deixar de pensar nela e empeza a buscala por todo París. Aurélie, a muller coa que mantén unha relación, primeiro enfádase, pero despois acepta a situación e axúdao coa secreta esperanza de que acabe por se cansar e esqueza esa extravagancia. -
03:05 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
04:00 h
AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN: AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN II
Espazo, en directo, presentado por Trisha Fernández e Rafa Durán. O ‘Aquí verán’ despide o verán desde Sanxenxo, mentres asiste tamén ás celebracións da Virxe dos Dores, en Lalín; ás Festas da Guadalupe, en Rianxo, e ao San Mateo, de Ponteareas. -
07:05 h
ESTACHE BO!: Ensalada morna de feixóns e moegas
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos. -
07:30 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO 4
A TVG tómalle a temperatura ao día a día dos galegos con ‘O termómetro’, o novo magazine das mañás, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña. Centrado na realidade social galega, ofrecerá unha ampla cobertura en directo da actualidade e, da man de expertos, tratará os temas que máis preocupan os espectadores.