CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:05 h

    VAIA TROULA. ALFOMBRA G: VAIA TROULA. ALFOMBRA G 18

    Programa festeiro que trasladará o seu particular photocall e a súa propia alfombra vermella aos eventos máis salientables e multitudinarios. As festas na honra da Virxe dos Milagres, protagonistas hoxe do 'Vaia Troula-Alfombra G'. Desde Os Milagres de Baños de Molgas, o programa dará paso á Romaría de Darbo (Cangas), aos Milagres de Caión (A Laracha) e á Romaría da Virxe da Franqueira (A Cañiza).
  • 09:05 h

    NO FOCO: NO FOCO 14.09.2024

    Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
  • 09:25 h

    NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1933

    Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
  • 09:40 h

    en emisión

    POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 551

    O Campamento Urbano de Cáritas Lugo comezou a súa andaina hai 30 anos. Durante este tempo milleiros de nenos pasaron por este campamento e moitos deles seguen vinculados a eles agora como monitores. O servizo de Atención á Infancia e Xuventude de Cáritas ten como finalidade favorecer o crecemento dos nenos e mozos en todos os ámbitos da vida.
  • 10:00 h

    SANTA MISA: SANTA MISA V 396

  • 10:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 15.09.2024

    Presenta Chus Tanoira.
  • 11:10 h

    VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1159

    Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
  • 11:40 h

    GRAZAS!: GRAZAS! 10

    Presentado por Lucía Rodríguez, é o punto de encontro da solidariedade na TVG e narra historias de heroes anónimos de Galicia, mulleres e homes que estaban no lugar e no momento axeitados para salvar vidas, axudar nunha traxedia ou simplemente achegar esperanza. Persoas altruístas que salvaron outras de morrer afogadas serán esta semana protagonistas no espazo 'Grazas!'.
  • 12:50 h

    A VIDA GALEGA DE LEONOR

    Programa especial, presentado por Beatriz Serén, que desvelará como vai ser o día a día da Princesa de Asturias en Marín, afondará na súa relación con Galicia e lembrará o paso do rei Filipe pola localidade pontevedresa.
  • 13:55 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 15.09.2024

    Presenta Alberto Mancebo.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 15.09.2024

    Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
  • 15:25 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 15.09.2024

  • 15:35 h

    CASAMOS!: A historia de amor de Lorena e Ramiro

    As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!". En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. 'Casamos!' achega hoxe a historia dun amor que fluíu polas redes sociais e que non coñece fronteiras. Tras longas horas de videochamadas, Ramiro deixou a súa vida na Arxentina para comezar con Lorena unha nova etapa na súa relación.
  • 16:40 h

    CASAMOS!: A historia de amor de Tania e Carlos

    As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables volven achegarse ás pantallas da Galega. En cada unha destas entregas verán a ilusión de moitas parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado, as declaracións de amor máis románticas, os nervios dos preparativos nupciais, as opinións e desexos de amigos e familiares, as expectativas, conflitos e ilusións dos noivos protagonistas. A historia dun amor adolescente, o de Tania e Carlos, protagonista esta no
  • 17:35 h

    ESPECIAL: A noite de Roberto Vilar

    A TVG viaxa con "A noite de Roberto Vilar" polos mellores momentos do popular presentador, desde os seus inicios. O especial realizará un percorrido polas súas múltiples facianas como actor e profesional da televisión ata chegar á faceta máis persoal coa súa familia.
  • 19:05 h

    DIN QUE NON FALAN: Patricia González 'Peque'

    Programa de entrevistas que ten como protagonistas mulleres relevantes na nosa comunidade. Presentado por Estíbaliz Veiga. Na súa estrea, ‘Din que non falan’ irá cara a Burela para conversar cunha muller que sempre tivo claro o seu soño. Patricia González Mota, coñecida como ‘Peque’, é unha muller valente que, con 18 anos, saíu da casa para cumprir o seu desexo. Esta deportista de elite, xogadora do C. D. Burela F. S. da Primeira División de fútbol sala feminino, ten por principios o esforzo, a loita e a pe
  • 20:10 h

    FAKE NEWS: FAKE NEWS 22

    Dani Polo visita Monforte de Lemos na procura de concursantes dispostos a gañar cartos. Cinco valentes aceptarán o reto de diferenciar a información verdadeira da falsa para obter 20 euros por cada acerto e ata un total de 100 euros.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:55 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 15.09.2024

  • 22:10 h

    ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA 59

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Paco Lodeiro recibe no ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ cinco concursantes que veñen dispostos a levar o bote: Vicky, de Vilagarcía de Arousa; Benito, da Coruña; Rubén, de Santiago de Compostela; Meri, de Nigrán, e Sonia, de Valdoviño. O premio, que ascende a 43.000 €, pode ser para un deles. De non levalo, o finalista terá que
  • 22:55 h

    CANTANDO AS CORENTA

    Gran festa de presentación da programación da nova temporada outono-inverno desde a Estación de Vialia, en Vigo. Este programa especial, presentado por Arturo Fernández e Noelia Rey, contará coas actuacións da orquestra Cinema, Ortiga, Xisco Feijóo, Wanila, Christian Pensado, G-Face, María Mera e un coro sorpresa de ‘Cantando as 40!’ conformado por todas as caras máis coñecidas dos medios públicos.
  • 01:05 h

    CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 11

    Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño. A emprendedora Yaiza Canosa reflexiona esta noite no programa ‘Confidencias’ sobre a resiliencia.
  • 02:00 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 02:50 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 15.09.2024

    Presenta Alberto Mancebo.
  • 03:15 h

    LUAR: LUAR 1407

    Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar’ arranca hoxe a súa 33ª temporada coa música de Tanxugueiras, Azúcar Moreno e Jorge González, e co regreso do exitoso concurso 'Vai de baile'. O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez tamén contará hoxe coas actuacións do recoñecido coro Cantigas e Agarimos e da histórica orquestra Compostela.
  • 06:55 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 15.09.2024

  • 07:00 h

    HISTORIAS DE AQUÍ: HISTORIAS DE AQUI 9

    Espazo que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na memoria colectiva dos galegos. A serie documental 'Historias de aquí' explora este luns o auxe e a caída da poderosa Orde dos Miguelianos. Nunha nova entrega deste espazo, que fusiona o documental e a ficción, os espectadores coñecerán como funcionaba este paraíso artificial que un día foi coñecido como ‘O Edén’.
  • 07:30 h

    HISTORIAS DE AQUÍ: HISTORIAS DE AQUI 10

    Espazo que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na memoria colectiva dos galegos. A serie documental 'Historias de aquí' explora este luns o auxe e a caída da poderosa Orde dos Miguelianos. Nunha nova entrega deste espazo, que fusiona o documental e a ficción, os espectadores coñecerán como funcionaba este paraíso artificial que un día foi coñecido como ‘O Edén’.