CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    ESTACHE BO!: Fideos con ameixas

    Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
  • 08:25 h

    VAIA TROULA. ALFOMBRA G: VAIA TROULA. ALFOMBRA G 16

    Programa festeiro que trasladará o seu particular photocall e a súa propia alfombra vermella aos eventos máis salientables e multitudinarios.
  • 09:25 h

    NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1931

    Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
  • 09:40 h

    en emisión

    POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 549

    A igrexa galega presentou por primeira vez a súa memoria de actividades en Galicia. Nun acto público en Santiago de Compostela dáse a coñecer aqueles aspectos da súa actuación pastoral, patrimonial ou asistencial que realiza na nosa terra.
  • 10:00 h

    SANTA MISA: SANTA MISA V 395

  • 10:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 01.09.2024

    Presenta Chus Tanoira.
  • 11:00 h

    VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1151

    Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
  • 11:30 h

    GRAZAS!: GRAZAS! 8

    Presentado por Lucía Rodríguez, é o punto de encontro da solidariedade na TVG e narra historias de heroes anónimos de Galicia, mulleres e homes que estaban no lugar e no momento axeitados para salvar vidas, axudar nunha traxedia ou simplemente achegar esperanza. O programa coñece a historia de Usaín, un migrante senegalés que cumpriu o soño de montar un negocio en Ourense. Recibe tamén a visita dunha supervivente dun accidente de avión e dun surfista que salvou unhas nenas de morrer afogadas.
  • 12:40 h

    AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN: AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN II

    Espazo, en directo, presentado por Trisha Fernández e Rafa Durán. A Festa da Istoria de Ribadavia, protagonista nun ‘Aquí Galicia’ que tamén conectará coa Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes e coa Feira do Románico de Negreira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.09.2024

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 15:25 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.09.2024

  • 15:30 h

    CASAMOS!: Fanni e Laura

    As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!". En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. 'Casamos!' achega hoxe a historia de amor de Laura e Fanni, unha parella moi pasional, que casa por terceira vez.
  • 16:30 h

    XUNTOS NO VERÁN: XUNTOS NO VERÁN 13

    Presentado por Rocío Delgado, ofrece cada domingo toda a actualidade do estío galego, con conexións en directo, reportaxes, entrevistas e moita música. O programa segue as pegadas da Princesa de Asturias en Marín, desde a súa chegada á Escola Naval hai uns días.
  • 19:10 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: Entrimo

    Hoxe o carteiro viaxa ata Entrimo a coñecer para Tino Estévez, electricista e gran coñecedor da vila. Con el visitamos a mostra de cestería e o pozo caído. Tamén hai tempo para falar da festa do Entrifaz e para facer unha empanada de forquellas. O espazo descobre hoxe a riqueza e historia de Entrimo da man dun gran coñecedor da vila.
  • 20:15 h

    FAKE NEWS: FAKE NEWS 18

    Dani Polo visita a vila mariñeira de Mugardos na procura de concursantes dispostos a gañar cartos. Cinco participantes aceptarán o reto de diferenciar a información verdadeira da falsa para obter 20 euros por cada acerto e ata un total de 100 euros.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 01.09.2024

  • 22:00 h

    ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA 48

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Un total de 40.800 € están en xogo no ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. Alexia, de Vilagarcía de Arousa; Antonio, de Lugo; Elena, de Neda; Javier, de Ourense, e Tati, de Ordes, loitarán polo gran premio neste programa. Un deles podería levar o bote ou, no caso de errar algunha das cinco preguntas do 'minuto final', o petisco de
  • 22:40 h

    VAIA TROULA. ALFOMBRA G: VAIA TROULA. ALFOMBRA G 17

    Programa festeiro que trasladará o seu particular photocall e a súa propia alfombra vermella aos eventos máis salientables e multitudinarios. ‘Vaia Troula-Alfombra G’ instala hoxe o seu photocall na romaría de San Ramón de Bealo, en Boiro. As reporteiras tamén pasarán polas festas da Empanada de Chantada, do Pan de Neda, dos Callos de Salceda, do Gaiteiro de Soutelo e da Istoria de Ribadavia.
  • 23:50 h

    COMISIÓN DE FESTAS: Santa Margarita de Callobre

    A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. O programa vai de troula a Callobre, no concello da Estrada, onde honran a Santa Margarida e á Virxe do Carme.
  • 00:50 h

    CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 9

    Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño. Hoxe conversa sobre a Xustiza co excomisario do Corpo Nacional de Policía Enrique León.
  • 01:50 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 02:40 h

    SALA G: Avós contra netos

    Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo. A ‘Sala G' escollerá este venres a mellor xeración de Galicia nun enfrontamento de avós contra netos. O programa contará coa participación dos cantantes Ortiga e Shaila Dúrcal.
  • 04:20 h

    XUNTOS NO VERÁN: XUNTOS NO VERÁN 13

    Presentado por Rocío Delgado, ofrece cada domingo toda a actualidade do estío galego, con conexións en directo, reportaxes, entrevistas e moita música. O programa segue as pegadas da Princesa de Asturias en Marín, desde a súa chegada á Escola Naval hai uns días.
  • 06:55 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 01.09.2024