Programación
-
08:05 h
FESTIGALIANDO: FESTIGALIANDO XI 108
O Polígono de Porto do Molle, en Nigrán, acolleu o final da xira do Reggaeton Beach Festival 2024. O evento reuniu artistas como Anuel AA, Chimbala, Ryan Castro ou El Alfa, entre outros. Os asistentes, ademais da música, gozaron de actividades acuáticas, xogos e postos de gastronomía locais. -
08:30 h
CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 6
Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño. Hoxe conversa con Víctor Vázquez Portomeñe, político de longa traxectoria na nosa comunidade, sobre a soberbia como pecado capital. -
09:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 24.08.2024
Presenta Chus Tanoira. -
10:00 h
en emisiónLABRANZA: LABRANZA 1677
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
10:30 h
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN V 178
Contidos frescos e sorprendentes, na edición de verán do magazine 'Quen Anda Aí?', que presentan Juan Fuentes, Eva Iglesias e Marcos Pereiro. -
13:05 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA VII 452
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.08.2024
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
15:20 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.08.2024
-
15:30 h
AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN
Rafa Durán e Trisha Fernández presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis. 'Aquí Galicia' dalles a benvida hoxe aos espectadores desde a Festa da Empanada de Bandeira. Amais proporá unha viaxe no tempo pola Festa do Esquecemento en Xinzo e a troula do Entroido de Verán de Redondela. -
19:10 h
UN GUIRI NA RIBEIRA SACRA: UN GUIRI NA RIBEIRA SACRA 10
Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural. As mansas augas do Río Miño en Taboada será o punto de partida do protagonista, Michael Sellick. Xa en Portomarín, Michael coñecerá un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes do país: o Castro de Castr -
20:10 h
FAKE NEWS: FAKE NEWS 15
O presentador Dani Polo visita a localidade de Sanxenxo co propósito de atopar cinco concursantes dispostos a gañar 100 euros. O ‘Fake news’ propón o reto de converter as loiadas en billetes de 20 euros a través dunha sinxela proba de coñecemento. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 24.08.2024
-
22:00 h
BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXV 457
Espazo de entretemento presentado por e Lucía Regueiro. O espazo convértese hoxe nunha festa con De Ninghures, orquestra Fania Blanco Show e Nena Daconte. Os afeccionados ao baile, gozarán coas exhibicións da parella desta edición, nove veces campioa de España. -
00:35 h
BADALADAS A MEDIANOITE
En Inglaterra, durante a guerra dos Cen Anos (séculos XIV e XV), Enrique IV, primeiro monarca da dinastía dos Lancaster, arrebátalle o trono en 1399 ao seu curmán Ricardo II. -
02:25 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
03:15 h
AS NOSAS RÚAS: Ferrol (Manuel Comellas e Nicasio Pérez)
Programa que narra a historia das persoas que deixaron a súa pegada nas rúas de Galicia. -
03:40 h
AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN
Rafa Durán e Trisha Fernández presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis. -
07:10 h
XERACIÓNS: XERACIÓNS 0013
Concurso cheo de acción en que os participantes loitarán por demostrar cal é a mellor xeración de todas. Capitaneado por Iván Mariñas e con Luís Iglesia e Josefina Torres como xurado.