CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:10 h

    AS NOSAS RÚAS: A Coruña (Curros Enríquez, Concepción Arenal, Manel Deschamps)

    Programa que narra a historia das persoas que deixaron a súa pegada nas rúas de Galicia.
  • 08:25 h

    VAIA TROULA. ALFOMBRA G: VAIA TROULA. ALFOMBRA G 14

    Programa festeiro que trasladará o seu particular photocall e a súa propia alfombra vermella aos eventos máis salientables e multitudinarios. 'Vaia Troula-Alfombra G' estará hoxe centrado no día do Carme e percorrerá as procesións máis importantes na honra patroa dos mariñeiros.
  • 09:25 h

    NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1929

    Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
  • 09:40 h

    en emisión

    POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 547

    A Irmandade da Nosa Señora do Rocío de Vigo celebra 25 anos dende a súa fundación. Na actualidade conta con 105 membros que se reúnen cada primeiro sábado de mes, organizan retiros e peregrinacións, e preparan con devoción as festas na honra da súa patroa.
  • 10:00 h

    SANTA MISA: SANTA MISA V 393

  • 10:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 18.08.2024

    Presenta Chus Tanoira.
  • 11:00 h

    VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1149

    Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
  • 11:30 h

    GRAZAS!: GRAZAS! 6

    Os protagonistas do programa de hoxe son: Darío, que rescatou as vítimas do accidente do Marisquiño; Diego, quen sobrevive a máis de 50 picaduras da vespa velutina, e Lola, que conta a súa historia de superación. Dous dos sobreviventes dun dos accidentes de autobús máis tráxicos en Galicia contan hoxe a súa historia no programa 'Grazas!'.
  • 12:45 h

    AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN

    Rafa Durán e Trisha Fernández presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis. O espazo está hoxe, en directo, desde o Parque Eguren, en Marín, para ofrecer a súa recoñecida Festa Corsaria, da man de Rafa Durán e Trisha Fernández. O programa acudirá a lugares frecuentados polo actual rei Filipe VI durante a súa estancia na Escola Naval Militar, como La Farola.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 18.08.2024

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 15:25 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 18.08.2024

  • 15:30 h

    CASAMOS!: A historia de amor de Lorena e Anxo

    As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables volven achegarse ás pantallas da Galega. En cada unha destas entregas verán a ilusión de moitas parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado, as declaracións de amor máis románticas, os nervios dos preparativos nupciais, as opinións e desexos de amigos e familiares, as expectativas, conflitos e ilusións dos noivos protagonistas. Un amor de película é esta noite protagonista da nova entrega de 'Casamos'.
  • 16:40 h

    XUNTOS NO VERÁN: XUNTOS NO VERÁN 11

    Presentado por Rocío Delgado, ofrece cada domingo toda a actualidade do estío galego, con conexións en directo, reportaxes, entrevistas e moita música. 'Xuntos no verán' é hoxe unha verbena, con Pili Pampín como protagonista.
  • 19:05 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: Baños de Molgas

    Hoxe o carteiro viaxa ata Baños de Molgas para coñecer a Pepe Vila, gran coñecedor dos segredos da vila. Con el falamos das augas termais, visitamos o museo Moncho Borrajo, coñecemos o programa do festival Son de Arnoia e, para finalizar, imos onde o mellor tirador de cañas de Galicia. Para descubrir parte dos segredos deste lugar, Víctor Fábregas irá na busca de Pepe Vila, gran coñecedor dos segredos da localidade. Con el falará das augas termais, visitará o museo Moncho Borrajo, coñecerá o programa do fes
  • 20:15 h

    FAKE NEWS: FAKE NEWS 14

    Dani Polo visita a cidade da Coruña na procura de concursantes dispostos a gañar cartos. Cinco valentes aceptarán o reto de diferenciar a información verdadeira da falsa para obter 20 euros por cada acerto e ata un total de 100 euros.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:55 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 18.08.2024

  • 22:05 h

    ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA 39

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Outra xornada máis do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’, que se presenta cos seguintes xogadores: Pablo, de Cabana de Bergantiños; Concha, de Entrimo; David, da Coruña, e Marietta, de Ribadeo. Eles xa veñen de programas anteriores e hoxe reciben como rival a Anxo, de Ponteareas. Están dispostos a dalo todo, pero só un xogará no
  • 22:45 h

    VAIA TROULA. ALFOMBRA G: VAIA TROULA. ALFOMBRA G 15

    Programa festeiro que trasladará o seu particular photocall e a súa propia alfombra vermella aos eventos máis salientables e multitudinarios. O 'Vaia Troula-Alfombra G’ vai hoxe de celebración á Romaría de San Roque, en Vigo. Amais, no programa percorreranse celebracións variadas, como a Festa do Xamón de Bermés (Lalín), a Festa do Ovo Frito (Cervo), a Feira do Xamón (A Cañiza), a Festa do Berberecho de Baldaio (Carballo) ou a Festa dos Produtos de Mar (Illa de Arousa).
  • 23:50 h

    COMISIÓN DE FESTAS: San Cristovo de Mesía

    A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. A comisión de festas está formada por 8 membros, un de cada aldea da parroquia, que abandonan o seu cargo tras un ano de actividade. Ademais de prometer baile e verbena, deberán poñer todo a punto para honrar a San Cristovo, patrón dos condutores, como se merece: coa xa clásica procesión de vehículos a motor.
  • 00:55 h

    CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 7

    Hoxe entrevista a Augusto César Lendoiro, político de longa traxectoria, xestor deportivo e cultural, que levou a cabo un intenso labor como presidente do Real Club Deportivo da Coruña. Nesta ocasión, falarase con el da perseveranza e establecerase un debate sobre esta virtude co actor Manuel Manquiña.
  • 01:50 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 02:40 h

    SAN ROQUE 2024

    Especial polo San Roque desde Betanzos. O programa retransmitirá o lanzamento do globo de papel máis grande do mundo. Os espectadores tamén asistirán, en directo, á celebración desta festividade en Vigo, Viveiro e Caldas de Reis, amais doutras citas sinaladas como a Festa da Auga de Vilagarcía, a procesión marítima de Cedeira ou as Danzas do Hío en Cangas.
  • 05:10 h

    XUNTOS NO VERÁN: XUNTOS NO VERÁN 11

    Presentado por Rocío Delgado, ofrece cada domingo toda a actualidade do estío galego, con conexións en directo, reportaxes, entrevistas e moita música.
  • 07:30 h

    VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1149

    Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
  • 07:55 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 18.08.2024