CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    ESTACHE BO!: Guiso branco de peixe

    Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
  • 08:25 h

    CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 4

    Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño. A fortaleza será esta noite o tema central do programa 'Confidencias', que terá como convidado o político Paco Vázquez.
  • 09:30 h

    en emisión

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 10.08.2024

    Presenta Chus Tanoira.
  • 10:00 h

    LABRANZA: LABRANZA 1669

    Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 10:40 h

    QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN V 168

    Contidos frescos e sorprendentes, na edición de verán do magazine 'Quen Anda Aí?', que presentan Juan Fuentes, Eva Iglesias e Marcos Pereiro.
  • 13:00 h

    HORA GALEGA: HORA GALEGA VII 442

    Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 10.08.2024

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 15:25 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 10.08.2024

  • 15:30 h

    AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN

    Rafa Durán e Trisha Fernández presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis. O espazo está hoxe en directo desde as festas da Maruxaina de San Cibrao.
  • 19:15 h

    UN GUIRI NA RIBEIRA SACRA: UN GUIRI NA RIBEIRA SACRA 8

    Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural. O protagonista de ‘Un guiri na Ribeira Sacra' coñecerá hoxe a singularidade dos Peares, unha encrucillada de camiños, ríos, concellos e provincias.
  • 20:10 h

    FAKE NEWS: FAKE NEWS 11

    Esta vez o presentador Dani Polo visita a localidade de Arzúa para propoñer o reto de converter as loiadas en cartos. Cinco concursantes someteranse a unha sinxela proba de coñecemento para tentar gañar os 100 euros que están en xogo.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 10.08.2024

  • 22:05 h

    BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXV 455

    'Bamboleo' convida a facer festa unha estrela da canción que saíu da primeira edición de OT, Nuria Fergó. A artista recrea no programa grandes éxitos da música a ritmo de rancheira. Participa nos xogos que Lucía Regueiro lle ten preparados e conta segredos e proxectos. Amais tamén subirán ao escenario a banda ourensá The Tetas' Van e a orquestra Suavecito, que disporá toda a súa maquinaria no escenario para recrear a mellor música de verbena.
  • 00:55 h

    A MOZA DA TARDIÑA

    Despois de pasar toda unha vida traballando sobre os escenarios, Hugo foi parar a un asilo destinado a actores veteranos. Nesta institución coñece a Renata, unha fermosísima moza de 18 anos que traballa como camareira. A pesar da súa xuventude, a moza sufriu demasiados acosos por parte dos homes, pero o maduro Hugo está decidido a non ser un máis. *Versión orixinal en italiano subitulada en galego (VOSG) cos subtítulos queimados en pantalla.
  • 02:45 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 03:45 h

    AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN

    Rafa Durán e Trisha Fernández presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis.
  • 07:10 h

    FESTA NA BAIUCA: FESTA NA BAIUCA II 18

    Docushow que retrata a troula característica dos bares de praia máis famosos de Galicia e a vida cotiá dos areais que acollen estes establecementos. 'Festa na baiuca’ visita hoxe as praias da Madalena, en Cabanas, e de San Xián, en Cangas. Na provincia da Coruña coñece Los Pinares, considerado un dos mellores establecementos de praia de toda España. Na ría de Aldán descobre o San Xián, un dos segredos mellor gardados da península do Morrazo.