CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    en emisión

    BOS DÍAS: BOS DÍAS 18.06.2024

    Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista ao conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez.
  • 10:55 h

    A REVISTA: A REVISTA 18.06.2024

    Presenta Sevi Martínez. O programa ‘A revista’ ten hoxe como convidados no estudio á actriz Cristina Iglesias e ao actor Diego Anido, protagonistas da serie ‘Clanes’ que se preestrea este xoves na Coruña e que está producida pola galega Vaca Films. Este martes, o espazo conta coa colaboración habitual do lingüista Paulino Novo para falar sobre curiosidades da lingua con Sevi Martínez, e do avogado Alejandro Vega e a xornalista Patricia Abet para repasar sucesos acontecidos nos últimos días.
  • 12:15 h

    AS NOSAS RÚAS: AS NOSAS RÚAS II 90

    Programa que narra a historia das persoas que deixaron a súa pegada nas rúas de Galicia.
  • 12:30 h

    ESTACHE BO!: CORDEIRO, QUEIXO E OVOS

    “Cordeiro, queixo e ovos” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Ademais, contamos coa interacción de Vanessa Taboada, a dietista de confianza do noso cociñeiro, que nos vai falar da receita de hoxe.
  • 13:05 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRAPAME SE PODES XI 707

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Belén, de Lugo; José, de Sanxenxo; Lucía, de Ourense; Iago, de Vilalba, e Rita, de Lousame, concursan por cuarto día consecutivo. O seu obxectivo será alcanzar un bote que chegou á cantidade de 23.000 €.
  • 13:55 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 18.06.2024

    Presenta Marta Darriba.
  • 15:15 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 18.06.2024

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 15:35 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 18.06.2024

  • 15:45 h

    QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVI 947

    Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
  • 18:55 h

    AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 425

  • 19:05 h

    HORA GALEGA: HORA GALEGA VI 406

    Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
  • 20:25 h

    TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 18.06.2024

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.
  • 21:45 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN 18.06.2024

  • 22:00 h

    COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XV 191

    Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. En 'Cos pés na terra' coñeceremos a Esther, unha rapaza que acaba de inmortalizar nun proxecto fermoso as engurras de súa avoa e de moitos dos seus veciños. Aprendemos sobre novos cultivos coma o chamado ‘caviar cítrico’ ou kumquat, coa súa codia doce pero interior ácido, grazas a Óscar e Víctor, dous rapace
  • 23:15 h

    OS RÍOS DA VIDA: RIO EUME

    Co programa ‘Os ríos da vida’, os espectadores coñecerán os segredos dos ríos máis importantes de Galicia. Cada capítulo explorará un destes cursos de auga, desde o nacemento ata a desembocadura, en busca das historias máis curiosas que agochan. Laura Vaqueiro vai percorrer un río que nace na serra do Xistral, na provincia de Lugo, e que se adentra na da Coruña para desembocar no golfo Ártabro. O Eume, un dos máis coñecidos de Galicia e que na súa desembocadura dá nome a unha das vilas máis bonitas da prov
  • 00:10 h

    SKIN

    Un home novo desamparado, criado por cabezas rapadas e coñecido entre os supremacistas brancos, dálle as costas á xenreira e á violencia coa esperanza de transformar a súa vida. Para isto, conta coa axuda dun activista negro e da muller á que ama. Dirixida por Guy Nattive
  • 02:00 h

    TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 18.06.2024

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.
  • 03:00 h

    NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1920

    Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
  • 03:15 h

    QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVI 947

    Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
  • 06:15 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). Ledicia Costas, unha das escritoras máis recoñecidas e traducidas da literatura galega, presenta hoxe ‘Zigzag’ a súa nova novela: ‘Pel de cordeiro’.
  • 06:40 h

    HORA GALEGA: HORA GALEGA VI 406

    Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
  • 07:55 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 18.06.2024