CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVI 940

    Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
  • 09:30 h

    en emisión

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 08.06.2024

    Presenta Chus Tanoira.
  • 10:40 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). 'Zigzag' achégase ao festival Mar de Mares, que pretende concienciar da importancia dos océanos, da man do seu director, Luís Cousillas.
  • 11:05 h

    LABRANZA: LABRANZA 1702

    Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 11:40 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: Folgoso do Courel

    Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. O espazo ‘Sen Código Postal’ descubrirá hoxe as marabillas que se agochan no Courel.
  • 12:50 h

    TAL SEMENTE: TAL SEMENTE III 60

    Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós.
  • 13:45 h

    HORA GALEGA: HORA GALEGA VI 399

    Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 08.06.2024

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 15:20 h

    NO FOCO: NO FOCO 08.06.2024

    Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
  • 15:45 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 08.06.2024

  • 15:55 h

    AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN

    Rafa Durán e Trisha Fernández presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis. 'Aquí Galicia' quentará motores para o verán desde a praia de Panxón e tamén celebrará en directo o San Antón desde Mandiá, A Cabana, Gondomar e Muras.
  • 19:20 h

    FÚTBOL PRIMEIRA DIVISIÓN RFEF: Playoff ascenso (volta): Málaga C. F.- R. C. Celta Fortuna

    En directo.
  • 21:30 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:55 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 08.06.2024

  • 22:05 h

    BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXV

    Espazo de entretemento presentado por e Lucía Regueiro. Volve este sábado á TVG o espectáculo de 'Bamboleo', con dúas horas e media de música e divertimento. No seu regreso, o programa presentado por Lucía Regueiro recibirá no escenario o cantante Blas Cantó, o grupo vigués Broken Peach e a orquestra Marbella.
  • 00:55 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XVII 612

    Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 01:55 h

    JUAN E JUNIOR... NUN MUNDO DIFERENTE

    Filme musical de ciencia ficción gravado integramente en Galicia. Dirixida por Pedro Olea, a última película gravada polo dúo narra as peripecias de dous extraterrestres que intentan facerse pasar polos cantantes de moda do momento, co obxectivo de facerse co control do planeta
  • 03:20 h

    A CARROZA DE OURO

    Esta homenaxe á Comedia da Arte sitúase no século XVIII na América española. A unha pequena cidade chega unha compañía italiana de teatro. Camilla, a estrela do espectáculo, debe elixir entre tres homes: o virrei, un novo oficial e un toureiro.
  • 04:55 h

    AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN

    Rafa Durán e Trisha Fernández presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis. 'Aquí Galicia' quentará motores para o verán desde a praia de Panxón e tamén celebrará en directo o San Antón desde Mandiá, A Cabana, Gondomar e Muras.