Programación
-
08:00 h
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVI 935
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes. -
09:30 h
en emisiónBOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 01.06.2024
Presenta Chus Tanoira. -
10:45 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). O espazo ‘Zigzag’ contará coa presenza de Menchu Lamas, unha das pintoras máis destacadas da arte contemporánea galega. -
11:10 h
LABRANZA: LABRANZA 1701
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
11:45 h
SEN CÓDIGO POSTAL: Valdoviño
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. 'Sen Código Postal' percorrerá esta semana os lugares máis senlleiros da vila coruñesa de Valdoviño. -
13:00 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA VI 394
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.06.2024
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
15:25 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.06.2024
-
15:35 h
AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN: AQUÍ GALILCIA. O TEU VERÁN
Rafa Durán e Trisha Fernández presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis. 'Aquí Galicia' instala hoxe o seu set na Praza do Obradoiro de Santiago, desde onde se realizarán conexións co Monte do Gozo para seguir o festival O Son do Camiño. -
18:20 h
FÚTBOL PRIMEIRA DIVISIÓN RFEF: Playoff ascenso ida: R. C. Celta Fortuna- Málaga C.F.
En directo. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 01.06.2024
-
22:05 h
NA GLORIA: NA GLORIA 11
Comedia familiar que se desenvolve nunha pequena localidade ao pé do Camiño Francés, onde unha executiva en crise existencial decide darlle un cambio radical á súa vida e converter a casa dos seus avós nun hotel para peregrinos. Pati e Lolo están enfadados e deciden que os celos poden ser unha arma poderosa para afundir o adversario. A aparición dun paquete cun xoguete sexual de destinatario incerto non fará máis que complicar a situación. -
22:20 h
NA GLORIA: NA GLORIA 12
Comedia familiar que se desenvolve nunha pequena localidade ao pé do Camiño Francés, onde unha executiva en crise existencial decide darlle un cambio radical á súa vida e converter a casa dos seus avós nun hotel para peregrinos. Tras unha desafortunada interpretación da palabra fariña, Pati decide que chegou a hora de que Bertín aprenda galego. Lolo remata por converterse no seu profesor e Bertín inicia unha relación de amor coa lingua e a cultura de Galicia. -
22:40 h
NA GLORIA: NA GLORIA 13
Comedia familiar que se desenvolve nunha pequena localidade ao pé do Camiño Francés, onde unha executiva en crise existencial decide darlle un cambio radical á súa vida e converter a casa dos seus avós nun hotel para peregrinos. Bertín séntese máis feliz que nunca na Gloria, pero xusto entón recibe unha oferta moi xenerosa para recuperar a súa carreira como cociñeiro de prestixio. -
23:00 h
NA GLORIA: NA GLORIA 14
Comedia familiar que se desenvolve nunha pequena localidade ao pé do Camiño Francés, onde unha executiva en crise existencial decide darlle un cambio radical á súa vida e converter a casa dos seus avós nun hotel para peregrinos. Chega á Gloria o doutor Dani, o exmozo de Pati (interpretado por Xavier Veiga), que se converterá no home máis querido da vila, pero axiña os espectadores descubrirán as súas intencións. -
23:20 h
NA GLORIA: NA GLORIA 15
Comedia familiar que se desenvolve nunha pequena localidade ao pé do Camiño Francés, onde unha executiva en crise existencial decide darlle un cambio radical á súa vida e converter a casa dos seus avós nun hotel para peregrinos. Ante a posibilidade de que Pati acepte casar con el, Lolo decide de marchar da Gloria. Porén, o doutor Dani resolverá a situación dun xeito inesperado. -
23:40 h
NA GLORIA
Pati, unha alta executiva en plena crise existencial, decide darlle un cambio radical á súa vida e establécese en A Gloria de Arriba, unha pequena localidade galega preto do Camiño Francés. O seu obxectivo é converter a vella casa dos avós nun establecemento hostaleiro destinado ós peregrinos que comunguen co naturismo, a busca do equilibrio interior e o crecemento espiritual. Para levar a cabo o seu soño conta con Bertín, o seu mellor amigo que é tamén un estrito chef vegano de fama internacional. A adopci -
00:00 h
MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XVII 610
Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria. -
01:10 h
UN MALDITO ENGUEDELLO
En dous apartamentos do mesmo edificio prodúcense un roubo e un asasinato. O comisario Ingraballo encárgase do caso e irá desvelando as miserias de todos os que están en maior ou menor grao involucrados, entre eles unha bela moza e o seu noivo electricista. -
03:00 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
03:50 h
AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN: AQUÍ GALILCIA. O TEU VERÁN
Rafa Durán e Trisha Fernández presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis. 'Aquí Galicia' instala hoxe o seu set na Praza do Obradoiro de Santiago, desde onde se realizarán conexións co Monte do Gozo para seguir o festival O Son do Camiño. -
06:20 h
LABRANZA: LABRANZA 1701
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
06:55 h
SEN CÓDIGO POSTAL: Valdoviño
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. 'Sen Código Postal' percorrerá esta semana os lugares máis senlleiros da vila coruñesa de Valdoviño.