Programación
-
08:00 h
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVI 930
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes. -
09:30 h
en emisiónBOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 25.05.2024
Presenta Chus Tanoira. -
10:40 h
LETRAS GALEGAS 2024 - LUISA VILLALTA
Serie documental ‘Luísa Villalta, a rebelión da palabra’, producida pola Real Academia Galega. -
10:50 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). Ledicia Costas, unha das escritoras máis recoñecidas e traducidas da literatura galega, presenta hoxe ‘Zigzag’ a súa nova novela: ‘Pel de cordeiro’. -
11:30 h
LABRANZA: LABRANZA 1700
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
12:10 h
SEN CÓDIGO POSTAL: Silleda
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. 'Sen Código Postal' amosa esta semana o máis característico de Silleda, un concello dunha enorme extensión pertencente ás Terras do Deza. -
13:25 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA VI 389
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 25.05.2024
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
15:20 h
NO FOCO: NO FOCO 108
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado. -
15:45 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 25.05.2024
-
15:50 h
XUNTOS EN DIRECTO: XUNTOS EN DIRECTO III 65
Magazine interxeracional que nas tardes da fin de semana acompañará os espectadores durante tres horas en directo, con entrevistas, música, reportaxes e diferentes seccións desde a perspectiva de diferentes xeracións. Presentado por Rocío Delgado, apoiada por Pili Pampín e Juan Lage, este novo formato de entretemento para toda a familia conta con colaboradores desde os 18 ata os 80 anos. O bolero, o son que chegou de América, será protagonista esta tarde en ‘Xuntos en directo’, cuxos espectadores escoitarán -
19:35 h
O QUE A G ESCONDE. CASO ASUNTA
A TVG afonda no caso Asunta con ‘O que a G esconde’, un espazo que se somerxerá no Arquivo da canle autonómica e que esta noite atopará unha entrevista a Rosario Porto que tivo que retirarse no seu momento por orde xudicial. -
20:10 h
BASTERRA, O HOME QUE SABE DEMASIADO
Os espectadores da TVG poderán achegarse esta noite ás incógnitas que aínda rodean o caso Asunta co especial ‘Basterra, o home que sabe demasiado’, centrado na figura do pai, Alfonso Basterra, o único que actualmente podería contar o que pasou nun dos crimes que máis conmocionou a opinión pública durante os últimos anos. ‘Vivir Aquí’ ofrecerá este domingo pola mañá unha reportaxe sobre clubs de lectura. O programa visitará varios colexios galegos de Primaria e Secundaria que foron galardoados a nivel nacion -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 25.05.2024
-
22:05 h
FILA 1: Somos criminais
Noite de teatro na TVG, que estrea a obra 'Somos criminais', con Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán como protagonistas. Dentro do espazo ‘Fila 1-Butaca G’, os espectadores poderán ver este sábado un dos espectáculos de máis éxito na historia da escena galega, en que se reflexiona sobre Galicia e o xeito de ser dos seus habitantes. Noite de teatro na TVG, que estrea a obra 'Somos criminais', con Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán como protagonistas. Dentro do espazo ‘Fila 1-Butaca G’, os espectadores poderán ver -
23:55 h
MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XVII 609
Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria. -
01:05 h
RUTA 29
Cun título sacado da letra dunha canción “Chattanooga Choo-Choo”, Ruta 29 é a película máis rara e atípica do controvertido realizador Nicolas Roeg. A protagonista é Linda Henry, unha muller desequilibrada que vive xunto ao seu marido, un cirurxián obsesionado polas maquetas de trens e con tendencias masoquistas fetichistas. Linda afoga a súa tristeza no alcol ata que chega á cidade Martin, a quen coñece nunha hamburguesería e que devolve ao pasado para cambiar a súa vida. Cando Linda tiña 16 anos foi viola -
02:35 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
03:25 h
XUNTOS EN DIRECTO: XUNTOS EN DIRECTO III 65
Magazine interxeracional que nas tardes da fin de semana acompañará os espectadores durante tres horas en directo, con entrevistas, música, reportaxes e diferentes seccións desde a perspectiva de diferentes xeracións. Presentado por Rocío Delgado, apoiada por Pili Pampín e Juan Lage, este novo formato de entretemento para toda a familia conta con colaboradores desde os 18 ata os 80 anos. O bolero, o son que chegou de América, será protagonista esta tarde en ‘Xuntos en directo’, cuxos espectadores escoitarán -
06:40 h
NO FOCO: NO FOCO 108
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado. -
07:00 h
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIV 187
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O equipo de 'Cos Pés na Terra' montará hoxe a cabalo e asistirá a clases de artesanía. Ademais, o programa coñecerá a pequena industria de cociñado e envasado de grelos de Luz.