Programación
-
08:00 h
DESERTORES DO ASFALTO: DESERTORES DO ASFALTO III 29
Programa que percorre as catro provincias galegas e pon en valor o mellor da comundiade: a cultura popular, a innovación no rural, as tradicións que se mesturan co novo e o día a día na parroquia ou concello dos que decidiron que non ían marchar á cidade. Na súa visita a Rois, ‘Desertores do asfalto’ viaxará no tempo a través de lendas, costumes e construcións de antano. -
08:35 h
en emisiónMALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XVI 592
Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria. -
09:25 h
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1907
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. -
09:40 h
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 525
Programa relixioso. -
10:00 h
SANTA MISA: SANTA MISA V 373
-
10:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 17.03.2024
Presenta Chus Tanoira. -
11:10 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). A narradora e poeta Mariña Pérez Rei presenta este domingo no ‘Zigzag’ o seu libro ‘Finximentos’, co que conseguiu o Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta. -
11:30 h
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1144
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar. -
12:00 h
TAL SEMENTE: TAL SEMENTE II 46
Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós. -
12:45 h
XUNTOS EN DIRECTO: XUNTOS EN DIRECTO III 45
Magazine interxeracional que nas tardes da fin de semana acompañará os espectadores durante tres horas en directo, con entrevistas, música, reportaxes e diferentes seccións desde a perspectiva de diferentes xeracións. Presentado por Rocío Delgado, apoiada por Pili Pampín e Juan Lage, este novo formato de entretemento para toda a familia conta con colaboradores desde os 18 ata os 80 anos. O espazo ‘Xuntos en directo’ repasará esta tarde as vidas das mulleres máis polifacéticas do panorama artístico nacional. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.03.2024
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
15:25 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.03.2024
-
15:35 h
XUNTOS EN DIRECTO: XUNTOS EN DIRECTO III 46
Magazine interxeracional que nas tardes da fin de semana acompañará os espectadores durante tres horas en directo, con entrevistas, música, reportaxes e diferentes seccións desde a perspectiva de diferentes xeracións. Presentado por Rocío Delgado, apoiada por Pili Pampín e Juan Lage, este novo formato de entretemento para toda a familia conta con colaboradores desde os 18 ata os 80 anos. Juan Muñoz, ex de Cruz y Raya, visita esta tarde ‘Xuntos en directo’, que ademais estrea unha nova sección sobre fenómeno -
19:05 h
DESERTORES DO ASFALTO: DESERTORES DO ASFALTO III 30
Programa que percorre as catro provincias galegas e pon en valor o mellor da comundiade: a cultura popular, a innovación no rural, as tradicións que se mesturan co novo e o día a día na parroquia ou concello dos que decidiron que non ían marchar á cidade. 'Desertores do asfalto' visita hoxe Gres e A Ponte Ledesma, dous lugares que pertencen a concellos e provincias diferentes, pero que poderían ser un. -
19:45 h
MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XVI 593
Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:55 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 17.03.2024
-
22:05 h
NA GLORIA: NA GLORIA 2
Comedia familiar que se desenvolve nunha pequena localidade ao pé do Camiño Francés, onde unha executiva en crise existencial decide darlle un cambio radical á súa vida e converter a casa dos seus avós nun hotel para peregrinos. Pati, a dona do hotel A Gloria, precisa da axuda de Lolo, e os seus requerimentos son interpretados erroneamente. Lolo pensa que Pati está intentando seducilo e de súpeto vese convertido nunha sorte de obxecto sexual de usos múltiples. -
22:25 h
GHUASAPP: GHUASAPP 3
Comedia de enredo sobre a familia Freire, que vive espallada pero en contacto permanente a través dun grupo familiar de ‘ghuasapp’. Sindo non levanta cabeza no sentimental desde que se divorciou. E neste momento concreto está especialmente necesitado de amor. Por iso vai utilizar todas as súas artes para atopar unha parella. -
22:50 h
GHUASAPP: GHUASAPP 5
Comedia de enredo sobre a familia Freire, que vive espallada pero en contacto permanente a través dun grupo familiar de ‘ghuasapp’. Rosa e John van de visita a Galicia. Chegou o momento para Carme e Lolo de coñeceren en persoa o seu xenro. Pero hai bastantes diferenzas culturais entre eles e, aínda que non serán unha fonte de conflitos, si que van desembocar nalgún que outro malentendido. -
23:20 h
NA GLORIA
Comedia familiar que se desenvolve nunha pequena localidade ao pé do Camiño Francés, onde unha executiva en crise existencial decide darlle un cambio radical á súa vida e converter a casa dos seus avós nun hotel para peregrinos. A aldea da Gloria ve alterada a súa rutina coa instalación dun hotel refinado na vella Casa Grande dos Moscosos. Pati é Bertín son os responsables do hotel e, desde hoxe, responsables tamén de influír na orde social da vila. -
00:00 h
LAND ROBER. PRETTY ROBER: LAND ROBER. PRETTY ROBER 2
Programa especial de 'Land Rober Tunai Show' que terá como protagonistas Os Piosos e Os Mariscadores. Os espectadores da TVG poderán gozar esta noite coas aventuras dos personaxes de máis éxito do programa. -
01:30 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
02:20 h
LUAR: LUAR 1388
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. O dúo Azúcar Moreno celebra esta noite cos espectadores de 'Luar' os seus 40 anos no mundo da música. O programa tamén contará coas actuacións de Rokiño e María Kilate, da Banda Municipal de Carballo, das formacións Xistra de Coruxo e Armadanzas de Laraño, do Grupo Yukatán e do mago Marcos Waldemar. -
05:45 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). A narradora e poeta Mariña Pérez Rei presenta este domingo no ‘Zigzag’ o seu libro ‘Finximentos’, co que conseguiu o Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta. -
06:05 h
NO FOCO: NO FOCO 98
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado. -
06:25 h
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1144
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar. -
06:50 h
MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XVI 593
Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria. -
07:55 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ