Programación
-
08:00 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 23.02.2024
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva. -
09:00 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
09:30 h
en emisiónBOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 24.02.2024
Presenta Chus Tanoira. -
10:40 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). Andrés Mahía e David Perdomo, director e actor, respectivamente, de ‘Na Gloria’ falarán en ‘Zigzag’ desta serie nativa dixital, que se pode ver en AGalega, a nova plataforma de contidos da CRTVG. -
11:00 h
LABRANZA: LABRANZA 1688
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
11:40 h
SEN CÓDIGO POSTAL: Camariñas
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. En Camariñas, o carteiro de ‘Sen Código Postal’ porá a proba as súas habilidades palillando e irá de museos coa vicepatroa da confraría. -
12:45 h
TAL SEMENTE: TAL SEMENTE II 39
Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós. -
13:35 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA V 325
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.02.2024
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
15:25 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.02.2024
-
15:30 h
CICLISMO: O Gran Camiño: 3ª etapa (Camiño de Ourense)
A terceira edición da volta ciclista O Gran Camiño continúa o seu percorrido por terras galegas e este sábado disputarase a terceira etapa, que discorrerá pola provincia de Ourense, entre Xinzo de Limia e Ribadavia, e que se poderá ver en directo a través da primeira canle da TVG. -
17:30 h
XUNTOS EN DIRECTO: XUNTOS EN DIRECTO II 39
Magazine interxeracional que nas tardes da fin de semana acompañará os espectadores durante tres horas en directo, con entrevistas, música, reportaxes e diferentes seccións desde a perspectiva de diferentes xeracións. Presentado por Rocío Delgado, apoiada por Pili Pampín e Juan Lage, este novo formato de entretemento para toda a familia conta con colaboradores desde os 18 ata os 80 anos. 'Xuntos en directo' lembrará esta tarde a El Fary, todo un símbolo da canción española. -
19:50 h
MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XVI 586
Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 24.02.2024
-
22:05 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRAPAME SE PODES XI 671
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Cinco novos concursantes preséntanse no 'Atrápame se podes' con gana de pasalo ben e de intentar conseguir un bote que empeza a semana en 24.400 €. Os irmáns Alejandra e Mode, de Vilanova de Arousa; Belén, de Vilardevós; Álex, de Cangas, e Ana, de Narón, viven a súa primeira experiencia no programa. -
22:50 h
NOITE XIGANTE: NOITE XIGANTE 6
'Concurshow' de ritmo frenético cheo de música e baile, que sorprenderá o público con grandes actuacións musicais, probas, premios e convidados famosos con ganas de pasalo ben. Presentado por María Mera e César Romero. ‘Noite Xigante' recibe este sábado a visita do actor Antonio Velázquez e do cantante Jorge González. Ambos os dous xogarán, contarán experiencias e asistirán á loita de cinco novos concursantes por chegar á proba final e conseguir agasallos valorados en milleiros de euros. -
01:10 h
XUNTOS EN DIRECTO: XUNTOS EN DIRECTO II 39
Magazine interxeracional que nas tardes da fin de semana acompañará os espectadores durante tres horas en directo, con entrevistas, música, reportaxes e diferentes seccións desde a perspectiva de diferentes xeracións. Presentado por Rocío Delgado, apoiada por Pili Pampín e Juan Lage, este novo formato de entretemento para toda a familia conta con colaboradores desde os 18 ata os 80 anos. 'Xuntos en directo' lembrará esta tarde a El Fary, todo un símbolo da canción española. -
03:10 h
A PRIMEIRA NOITE DE QUIETUDE
Daniel chegou a Rimini para exercer durante tres meses como profesor de Literatura nun instituto. Vive cunha muller coa que case non o une nada. No colexio Daniel coñece unha das súas alumnas, Vanina, unha fermosa moza pola que se interesa desde o primeiro intre. -
05:20 h
CASAMOS!: A historia de amor de Montse e Alberto
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!". En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. Despois dunha gran crise de parella, Montse e Alberto renovan este luns os seus votos en 'Casamos!'. Os seus 13 anos de diferenza de idade entorpeceron o comezo da súa relación, pero axiña lles demostraron á súa familia e amigos que estaban destinados a estaren -
06:30 h
TAL SEMENTE: TAL SEMENTE II 39
Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós. -
07:05 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.