CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    OS NOSOS MAIORES: OS NOSOS MAIORES 10

    Programa que se achega á vida cotiá de persoas que afrontan o envellecemento de xeito positivo e optimista. Con formato de docu-reality, ofrecerá cada semana as historias de dous xubilados/as que teñen moito que contar, con vidas activas e inspiradoras. Un home de 91 anos da Coruña e unha parella de Vigo, protagonistas hoxe no espazo 'Os nosos maiores'.
  • 08:40 h

    A CEA MÁIS GALEGA DO MUNDO. A GRAN BATALLA

    O programa especial 'A cea máis galega do mundo. A gran batalla' descóbrelle esta noite á audiencia da TVG o produto máis xenuíno do Nadal. Compiten pola distinción o marisco das rías, o capón de Vilalba, o bacallau con coliflor de Ourense, o cabrito do interior de Lugo e a pescada do pincho do Celeiro.
  • 09:35 h

    NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1895

    Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
  • 09:50 h

    POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 513

    Programa relixioso.
  • 10:00 h

    SANTA MISA: SANTA MISA V 361

  • 10:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 24.12.2023

    Presenta Chus Tanoira.
  • 11:05 h

    PARLAMENTO: PARLAMENTO 1106

    Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
  • 11:35 h

    VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1131

    Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
  • 12:00 h

    TAL SEMENTE: TAL SEMENTE 22

    Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós.
  • 12:30 h

    XUNTOS EN DIRECTO II

  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.12.2023

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 15:35 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.12.2023

  • 15:45 h

    XUNTOS EN DIRECTO II: XUNTOS EN DIRECTO II 22

    Magazine interxeracional que nas tardes da fin de semana acompañará os espectadores durante tres horas en directo, con entrevistas, música, reportaxes e diferentes seccións desde a perspectiva de diferentes xeracións. Presentado por Rocío Delgado, apoiada por Pili Pampín e Juan Lage, este novo formato de entretemento para toda a familia conta con colaboradores desde os 18 ata os 80 anos. O espazo da TVG súmase hoxe aos preparativos da cea de Noiteboa en varias casas galegas, nun programa de Nadal cheo de mú
  • 19:10 h

    EVENTOS G: Juan volve á casa polo Nadal

    Os mellores cantantes das orquestras galegas acompañarán esta noite a Juan Pardo no seu regreso á TVG polo Nadal. Presentado por Arturo Fernández e Alba Mancebo, o programa especial ‘Juan volve á casa polo Nadal’ converterá a deste domingo nunha velada inesquecible para os espectadores, que se reencontrarán cun dos seus artistas máis queridos.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:00 h

    MENSAXE S.M. O REI: MENSAXE S.M. O REI 2023

    Mensaxe de Nadal de don Filipe, desde o Palacio da Zarzuela, para felicitar as festas a todos os españois e facer balance dos acontecementos máis salientables do ano que remata.
  • 21:45 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 24.12.2023

  • 21:55 h

    ATRAPAME SE PODES, EDICION NADAL III: ATRAPAME SE PODES, EDICION NADAL III 12 - DUOS IMPOSIBLES

    O 'Atrápame se podes' continúa cos programas especiais do Nadal. Cinco parellas de concursantes famosos xogan para conseguir un bote solidario situado en 2.000€, que no día de hoxe iría destinado á AGAELA (Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Múltiple). Intentarán chegar ao minuto final os actores de 'Saudade de ti' Adrián Castiñeiras e Fran Nogueira, os cantantes Pili Pampín e Ortiga, o presentador Fran Cañotas e o cociñeiro Iván Mariñas, a árbitra de fútbol Gil Soriano e a xogadora do Burela Antí
  • 22:40 h

    LAND ROBER TUNAI SHOW: LAND ROBER (TUNAI SHOW) XXII 336

    Programa presentado por Roberto Vilar, cunha proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. Os espectadores da TVG celebrarán a noiteboa co equipo do 'Land Rober', a presentadora Patricia Pérez e a banda Quinkillada. Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Tamara GR serán os mestres de cerimonias dunha velada que contará co discurso de Felipe II, unha nova entrega de Dosinda e o regreso do xa mítico ‘Que me estás contando?’
  • 01:30 h

    EVENTOS G: A sala na que me namorei

    Co este 'Evento G', a TVG homenaxea este domingo as grandes salas de festas galegas. Presentado por Arturo Fernández, este programa especial contará coa música de Los Satélites e de Pili Pampín e Ortiga e amosará grandes historias de amor que xurdiron nestes locais.
  • 03:05 h

    LUAR: LUAR 1377

    Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional.
  • 05:20 h

    en emisión

    XUNTOS EN DIRECTO II: XUNTOS EN DIRECTO II 22

  • 05:55 h

    A CEA MÁIS GALEGA DO MUNDO. A GRAN BATALLA

    O programa especial 'A cea máis galega do mundo. A gran batalla' descóbrelle esta noite á audiencia da TVG o produto máis xenuíno do Nadal. Compiten pola distinción o marisco das rías, o capón de Vilalba, o bacallau con coliflor de Ourense, o cabrito do interior de Lugo e a pescada do pincho do Celeiro.