Programación
-
08:00 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 22.12.2023
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva. -
09:00 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
09:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 23.12.2023
Presenta Chus Tanoira. -
10:40 h
LABRANZA: LABRANZA 1656
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
11:10 h
SEN CÓDIGO POSTAL: Ortigueira
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. O programa achégase este sábado a Ortigueira para gozar da natureza, celebracións e gastronomía locais. -
12:10 h
TAL SEMENTE: TAL SEMENTE 21
Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós. -
12:40 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA IV 283
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 23.12.2023
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
15:35 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 23.12.2023
-
15:45 h
XUNTOS EN DIRECTO II
Magazine interxeracional que nas tardes da fin de semana acompañará os espectadores durante tres horas en directo, con entrevistas, música, reportaxes e diferentes seccións desde a perspectiva de diferentes xeracións. Presentado por Rocío Delgado, apoiada por Pili Pampín e Juan Lage, este novo formato de entretemento para toda a familia conta con colaboradores desde os 18 ata os 80 anos. Hoxe o programa descóbrelles aos espectadores como se converteu Rocío Jurado nunha artista interxeracional. -
20:05 h
A CEA MÁIS GALEGA DO MUNDO. A GRAN BATALLA
O programa especial 'A cea máis galega do mundo. A gran batalla' descóbrelle esta noite á audiencia da TVG o produto máis xenuíno do Nadal. Compiten pola distinción o marisco das rías, o capón de Vilalba, o bacallau con coliflor de Ourense, o cabrito do interior de Lugo e a pescada do pincho do Celeiro. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:45 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 23.12.2023
-
21:55 h
ATRAPAME SE PODES, EDICION NADAL: ATRAPAME SE PODES, EDICION NADAL III - DUOS IMPOSIBLES
O concurso ‘Atrápame se podes’ vístese de Nadal con edicións especiais protagonizadas por personaxes famosos e escolares galegos. Cinco parellas de concursantes famosos xogan para conseguir un bote solidario, que vai ser doado a distintas asociacións benéficas. Fran Cañotas e Iván Mariñas, o presentador que non cociña e o cociñeiro metido a presentador; Adrián Castiñeiras e Fran Nogueira, os galáns enfrontados na serie ‘Saudade de ti’; Pili Pampín e Ortiga, dous cantantes con estilos musicais moi diferente -
22:25 h
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS IV 47
Presentado por María Mera, os artistas que durante o pasado verán competiron en ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ regresan este Nadal á Televisión de Galicia cunha nova entrega do programa especial ‘A Liga das Familias Extraordinarias’. Selu López, Daniel Gigirey, Miriam Agraso, Begoña García, Rubén Darío, Barbie Galego, Esmeralda Fernández e Simón O Pérez participan nesta entrega chea de sorpresas, risas e emoción. -
00:25 h
XUNTOS EN DIRECTO II
-
03:25 h
en emisiónMILAGRE EN MILÁN
Totó é un bondadoso orfo que vive, ao igual que outros moitos desfarrapados, nun mísero barrio de chabolas nos arrabaldes de Milán. Cando nos terreos onde vive se descobre petróleo, Totó, tan inxenuo como benintencionado, decide enfrontarse ao poderoso señor Mobbi, o dono do solo. Aínda que contén elementos dramáticos, constitúe, con ‘Ladrón de bicicletas’ e ‘Umberto D.’, a gran triloxía neorrealista de De Sica. -
06:10 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
06:45 h
VIVIR AQUÍ. O DÍA QUE ME CAMBIOU A VIDA: VIVIR AQUÍ. O DÍA QUE ME CAMBIOU A VIDA 3 O PARAÍSO INTERMINABLE
Hai días que nos cambian a vida. Eses son os que se contan neste novo formato de 'Vivir Aquí'. Cunha duración media duns 30 minutos, búscanse acontecementos que supuxeran un cambio vital para alguén e que quedaran rexistrados na Televisión de Galicia dende a súa inauguración en 1985. Ese rico arquivo da vida e é o punto de partida destes programas, un arquivo que non ten ninguén máis que a TVG e que agora se rescata e se actualiza. Porque cada momento de cambio ten sempre unha continuidade no presente, un a