Programación
-
08:00 h
BOS DÍAS
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista á voceira nacional do BNG, Ana Pontón. -
10:30 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ
-
10:40 h
A REVISTA
Presenta Iria Soengas. 'A Revista' achegarase en directo á Coruña para coñecer os problemas cos ruídos nocturnos dos veciños do Orzán e para descubrir a mercería que se converteu nun fenómeno viral. -
12:00 h
A BÓLA EXTRA
A TVG e a RG unen a súa emisión nesta innovadora experiencia de radio televisada. Chega ás pantallas o tempo para o humor do ‘Galicia por Diante’, con Kiko Novoa, Cristina García e Octavio Villazala. -
12:30 h

12:50 h
ESTACHE BO!: Patacas torradas con manteiga
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos. -
13:25 h
ATMOSFÉRICOS: ATMOSFERICOS 17.10.2023
Programa diario sobre meteoroloxía presentado por Sevi Martínez. Aborda de luns a venres a actualidade do clima, o medio ambiente, o cambio climático e as súas consecuencias, así como os asuntos relativos aos sectores primarios directamente dependentes do tempo. -
13:50 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA
Presenta Marta Darriba. -
15:15 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 17.10.2023
Información deportiva a cargo de Terio Carrera. -
15:35 h
O TEMPO
-
15:45 h
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XIV 775
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes. -
18:45 h
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 272
-
18:55 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA IV 235
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
20:25 h
TELEXORNAL SERÁN
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva. -
21:45 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 17.10.2023
-
22:00 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES X 589
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Enrique, de Gondomar; Alba, de Betanzos; Adrián, de Ourense; Mayra, de Salceda de Caselas, e Sebas, de Santa Comba, concursan por cuarto día consecutivo. O seu obxectivo será alcanzar un bote que chegou á cantidade de 8.000 €. -
22:50 h
LIXO OU TESOURO
Presentado por María Mera, en cada entrega, unha parella de concursantes enfrontarase ao desafío de seleccionar o obxecto máis valioso dunha variada colección, con cousas incriblemente caras e outras, asombrosamente baratas. As concursantes desta noite serán Sara e a súa avoa Mari Carmen, que afrontarán un desafío claro: seleccionar o máis valioso dunha variada colección de 12 obxectos. -
00:15 h
DESPOIS DA VODA
Un orfanato indio está a piques de crebar e a directora, Isabel, necesita diñeiro para sacalo adiante. Cando descobre que a organización vai recibir unha doazón importante por parte dunha empresaria norteamericana, viaxa a Nova York para coñecer a Theresa. Non obstante, alí estará obrigada a afrontar un pasado do que fuxiu hai anos. -
01:55 h
TELEXORNAL SERÁN
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva. -
02:55 h
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1885
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. -
03:10 h
en emisiónQUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XIV 775
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes. -
05:50 h
A BÓLA EXTRA
A TVG e a RG unen a súa emisión nesta innovadora experiencia de radio televisada. Chega ás pantallas o tempo para o humor do ‘Galicia por Diante’, con Kiko Novoa, Cristina García e Octavio Villazala. -
06:30 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). Federico Rioboo, director do documental ‘O médico dos pobres’, visita esta martes o estudio de 'Zigzag'. -
06:55 h
TELEXORNAL SERÁN
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva. -
07:55 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ