CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:10 h

    FESTIGALIANDO: FESTIGALIANDO IX

    Programa festeiro, que se achega á música e ao ambiente dos concertos e festivais. 'Festigaliando' adentrarase esta noite no Caudal Fest de Lugo, o último gran festival do verán.
  • 08:35 h

    GAÑAR OU FREGAR: Pontedeume - Vázquez Paz

    En cada entrega do programa, dous concursantes cociñan para unha familia, que cata os pratos que elaboran e actúa de xurado, decidindo quen consegue o premio do espazo e a quen lle toca facerse cargo da louza. A TVG estrea esta noite este espazo culinario. Na súa primeira entrega, desde Pontedeume, compiten dúas viguesas, Rosa e Lupe, para sorprender coas súas receitas á familia Vázquez Paz.
  • 09:25 h

    NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1884

    Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
  • 09:40 h

    POLO CAMIÑO DA FE

    Programa relixioso.
  • 10:00 h

    SANTA MISA: SANTA MISA V 351

  • 10:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 08.10.2023

    Presenta Chus Tanoira.
  • 11:10 h

    PARLAMENTO: PARLAMENTO 1095

    Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
  • 11:45 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). Os novos directores das grandes orquestras clásicas galegas reúnense hoxe no estudio do 'Zigzag'.
  • 12:10 h

    VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1125

    Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
  • 12:45 h

    EN VIVO E EN DIRECTO: EN VIVO E EN DIRECTO 17

    Programa presentado por Arturo Fernández e César Cambeiro, que cada sábado á tarde estará a pé de rúa para coñecer de primeira man o que pasa en Galicia. 'En vivo e en directo' preocúpase esta semana polo roubo de instrumentos na Escola de Música de Rianxo e pola semana negra de atropelos que se viviu nas estradas galegas.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 15:30 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 08.10.2023

  • 15:35 h

    AQUÍ GALICIA: AQUI GALICIA XXVIII 321

    Lucía Rodríguez e Rafa Durán presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis. 'Aquí Galicia' instálase esta tarde no San Froilán de Lugo, desde onde tamén conectará en directo coas festas do Marisco do Grove e da Pataca de Vilar de Barrio.
  • 17:45 h

    VAIA TROULA: VAIA TROULA XVIII

    Espazo de entretemento que percorre as mellores festas galegas, presentado por Noelia Rey, na compaña das reporteiras Adela Bértolo, Amanda Fernández e Noelia Salgado. A batalla definitiva das festas de San Miguel que se celebraron estes días por toda Galicia, esta noite, no 'Vaia Troula'. Entre outros lugares, o programa estará en Ponteareas, Marín, Vilagarcía de Arousa e Frades.
  • 19:00 h

    OS NOSOS MAIORES

    Programa que se achega á vida cotiá de persoas que afrontan o envellecemento de xeito positivo e optimista. Con formato de docu-reality, ofrecerá cada semana as historias de dous xubilados/as que teñen moito que contar, con vidas activas e inspiradoras. Na primeira entrega ‘Os nosos maiores’, os espectadores coñecerán as historias de vida de Juan, de Portonovo, e de Elvira, de Ourense.
  • 19:45 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XV 553

    Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:55 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 08.10.2023

  • 22:10 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES X 582

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Andrea, da Coruña; Rubén, de Bueu; Estíbaliz, de Cambre; Óscar de Lourenzá, e Bea, de Ferrol, viven a súa segunda experiencia no programa. A cantidade de cartos acumulada no bote é de 6.600 €.
  • 22:55 h

    GALICIA BONITA: Verín

    Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia Bonita' asume esta semana o reto de arranxar unha casa de Verín en total decadencia. A súa propietaria acaba de recibir a vivenda, cunha leira e unha zona de lecer absolutamente desafiuzadas.
  • 00:20 h

    GALICIA BONITA: Covelo

    Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. As diferenzas de criterio entre as tres propietarias complicarán este luns a reforma que 'Galicia Bonita' realizar nunha casa de Covelo. A falta de efectivos no equipo da arquitecta Rosa Facal condicionará o éxito dunha complicada intervención centrada na pedra e na madeira.
  • 01:35 h

    GRAZAS Á VIDA: Grazas ao mar e aos peixes

    Programa protagonizado por homes e mulleres que pasan da idade de xubilación e atesouran gran experiencia. Queren dar grazas á vida polo vivido. O programa ocúpase hoxe de dar ás grazas pola vida que chega do mar. Ademais de alimentos, o océano tamén atesoura misterios que axudan ás persoas a soñar. Sabeo ben unha peixeira de xenio e longa tradición familiar, Nieves Fontán, que vendeu peixe polas rúas de Portonovo e nas prazas de abastos desta vila e de Sanxenxo; tamén un mariñeiro de vocación, patrón de ce
  • 02:35 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 03:25 h

    PARLAMENTO: PARLAMENTO 1095

    Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
  • 03:55 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). Os novos directores das grandes orquestras clásicas galegas reúnense hoxe no estudio do 'Zigzag'.
  • 04:15 h

    VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1125

    Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
  • 04:35 h

    en emisión

    LUAR: LUAR 1366

    Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. O agardado regreso de Gayoso, esta noite nun 'Luar' que contará coas actuacións de Lucía Pérez, Hevia e Jeanette. Despois dun casting infrutuoso para substituílo, o gran presentador ponse de novo á fronte do programa, que recibirá tamén o grupo de música tradicional A Carballeira de Cercio e a orquestra La Ocaband.
  • 07:55 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ