Programación
-
08:00 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES IX 569
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. David, de Salceda de Caselas; Manuel, de Carballo; André, de Ourense; Helena, de Lugo, e Elisa, de Cee, participan por cuarto día no concurso presentado por Paco Lodeiro. A cantidade do bote segue aumentando e chega xa aos 4.000 €. -
08:35 h
GAÑAR OU FREGAR: Cee - Familia Louzán Sambade
En cada entrega do programa, dous concursantes cociñan para unha familia, que cata os pratos que elaboran e actúa de xurado, decidindo quen consegue o premio do espazo e a quen lle toca facerse cargo da louza. O programa da TVG conta nesta entrega con Suso e Mila como cociñeiros, e cos Louzán Sambade como catadores e xurado. -
09:25 h
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1882
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. -
09:45 h
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 501
Programa relixioso. -
10:00 h
SANTA MISA: SANTA MISA V 350
-
10:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 24.09.2023
Presenta Chus Tanoira. -
11:10 h
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1093
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia. -
11:45 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). Paco Oti, colaborador da revista satírica ‘Can sen dono’ e comisario da exposición do seu 40 aniversario, fala hoxe no ‘Zigzag’ desta mostra. -
12:15 h
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1123
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar. -
12:50 h
EN VIVO E EN DIRECTO: EN VIVO E EN DIRECTO 15
Programa presentado por Arturo Fernández e César Cambeiro, que cada sábado á tarde estará a pé de rúa para coñecer de primeira man o que pasa en Galicia. 'En vivo e en directo' achegarase este sábado á hipertensión, unha das enfermidades con máis incidencia en Galicia, e visitará en Carballo unha fábrica de paraugas. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
15:30 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.09.2023
-
15:35 h
AQUÍ GALICIA: AQUI GALICIA XXVIII 319
Lucía Rodríguez e Rafa Durán presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis. 'Aquí Galicia' instálase este domingo en Lalín, onde celebran a Festa das Dores, e conectará en directo coa Romaría da Saínza, en Rairiz de Veiga, e coa Festa do Poldro de Muras. -
18:30 h
VAIA TROULA: VAIA TROULA XVII 214
Espazo de entretemento que percorre as mellores festas galegas, presentado por Noelia Rey, na compaña das reporteiras Adela Bértolo, Amanda Fernández e Noelia Salgado. ‘Vaia Troula' vivirá de preto toda a emoción e a diversión das Festas do Nazareno na Pobra do Caramiñal e da Guadalupe de Rianxo. As cámaras do programa tamén estarán presentes nas grandes Festas do Cristo do Barco de Valdeorras, na tradicional Romaría da Virxe do Cristal de Vilanova dos Infantes e na Festa da Pataca de Coristanco. -
19:40 h
MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XV 549
Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:55 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 24.09.2023
-
22:10 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES IX 572
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Teresa, de Cambre; Héctor, de Vila de Cruces; Carmen, do Grove; Javier, do Carballiño, e Gemma, do Rosal, concursan por segundo día no 'Atrápame'. O programa pon en xogo 4.600 €. -
22:50 h
GALICIA BONITA: Barbadás
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. 'Galicia Bonita’ enfróntase esta noite a unha nova reforma na TVG, desta volta para recuperar a esencia tradicional dunha casa rehabilitada en Barbadás. As dificultades que atopará o equipo do programa virán pola dispersión dos propietarios do inmoble en canto ao traballo que hai que realizar. -
00:20 h
GALICIA BONITA: A Fonsagrada
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo de 'Galicia Bonita' ponse en marcha este luns para enfrontarse nesta nova temporada a todo tipo de retos e dificultades. Coa incorporación de dous albaneis, o programa tamén acometerá nesta etapa traballos en edificacións tradicionais, como a vivenda que hoxe intentarán recuperar na Fonsagrada. -
01:35 h
GRAZAS Á VIDA: Grazas á cultura
Programa protagonizado por homes e mulleres que pasan da idade de xubilación e atesouran gran experiencia. Queren dar grazas á vida polo vivido. O espazo estará hoxe con Lola Viamonte, que deu forma a moitas das pezas de cerámica de Sargadelos que levan sendo parte da identidade do país, e Francisco Piñeiro, mestre na vangarda do ensino en Galicia, narrador, poeta e autor teatral. -
02:30 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
03:20 h
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1123
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar. -
03:55 h
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1093
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia. -
04:40 h
en emisiónLUAR: LUAR 1364
Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' recibe este venres a visita de dous destacados artistas: David DeMaría e Serafín Zubiri. A cantante Mar Davila e os grupos Lontreira e Tanto nos Ten tamén actuarán nun programa en que acompañarán a Esther Estévez os presentadores Arturo Fernández, Juan Fuentes, Rocío Durán, Lucía Rodríguez e Alba Mancebo. -
07:55 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ