Programación
-
08:00 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES IX 563
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Os espectadores verán hoxe o momento máis agardado das últimas temporadas, cando un dos participantes suba os famosos cinco chanzos e responda correctamente todas as preguntas que lle formule o presentador, Paco Lodeiro. En concreto, vanse entregar 101.400 euros. Concursarán polo bote nesta espectacular entrega do programa Mar, d -
08:35 h
GAÑAR OU FREGAR: Marín - Familia Soage
En cada entrega do programa, dous concursantes cociñan para unha familia, que cata os pratos que elaboran e actúa de xurado, decidindo quen consegue o premio do espazo e a quen lle toca facerse cargo da louza. As cociñas de 'Gañar ou fregar' chegan esta noite a Marín. Competirán polo premio do programa Víctor, de Vigo, e Maite, de Neda, mentres a familia Soage determinará o gañador do duelo de receitas. -
09:25 h
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1881
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. -
09:40 h
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 500
Programa relixioso. -
10:00 h
SANTA MISA: SANTA MISA V 349
-
10:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 17.09.2023
Presenta Chus Tanoira. -
11:10 h
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1092
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia. -
11:50 h
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1122
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar. -
12:30 h
EN VIVO E EN DIRECTO
Programa presentado por Arturo Fernández e César Cambeiro, que cada sábado á tarde estará a pé de rúa para coñecer de primeira man o que pasa en Galicia. 'En vivo e en directo' debulla hoxe a alerta cinexética para controlar a poboación de xabarís e visita uns churreiros para falar da suba do aceite. -
13:30 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES IX 567
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. David, de Salceda de Caselas; Manuel, de Carballo; André, de Ourense; Helena, de Lugo, e Elisa, de Cee, concursan por segundo día no 'Atrápame'. O gran premio está nos 3.600 € ao inicio do programa. Antes da fase final Paco Lodeiro engadirá outros 400 €. Se os concursantes non conseguen o bote, estes 400 € repartiranse en 200 € p -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
15:25 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.09.2023
-
15:35 h
AQUÍ GALICIA: AQUI GALICIA XXVIII
Lucía Rodríguez e Rafa Durán presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis. 'Aquí Galicia' ofrecerase hoxe en directo desde as festas de San Cibrao do Carballiño, coa orquestra Panorama como protagonista. -
18:05 h
VAIA TROULA: VAIA TROULA XVII 213
Espazo de entretemento que percorre as mellores festas galegas, presentado por Noelia Rey, na compaña das reporteiras Adela Bértolo, Amanda Fernández e Noelia Salgado. Os espectadores de 'Vaia Troula' vivirán este mércores unha emocionante 'batalla dos Milagres', en que as competidoras serán as romarías dedicadas a esta Virxe. A trouleira maior, Noelia Rey, estará na Virxe da Barca de Muxía e o programa visitará tamén A Cañiza, Baños de Molgas, Cangas, Caión e Moraña. -
19:20 h
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS (Resumos semanais): A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS IV (RESUMOS SEMANAIS) 45
-
20:00 h
MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XV 547
Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 17.09.2023
-
22:05 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES IX 568
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do 'Atrápame se podes' ascende a 3.800 €. David, de Salceda de Caselas; Manuel, de Carballo; André, de Ourense; Helena, de Lugo, e Elisa, de Cee, aspiran a subir ao máis alto das escaleiras sen fallar ningunha resposta. -
22:50 h
GALICIA BONITA: Arzúa
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia Bonita' comeza esta noite unha nova temporada coa unificación dunha vivenda de planta baixa en Arzúa. O equipo do programa enfróntase á reforma dunha casa metade en pedra e metade en ladrillo e a uns invernadoiros case en ruínas. -
00:15 h
GALICIA BONITA: Manzaneda
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. 'Galicia Bonita' afronta hoxe a recuperación de dúas construcións comunitarias en Manzaneda. Os veciños da parroquia de Rozavales solicitarán a axuda do programa para restaurar un antigo forno e un lavadoiro en moi mal estado de conservación. -
01:30 h
GRAZAS Á VIDA: Grazas ao traballo vocacional
Programa protagonizado por homes e mulleres que pasan da idade de xubilación e atesouran gran experiencia. Queren dar grazas á vida polo vivido. Hai traballos que se basean na entrega a outras persoas, como o ensino ou a asistencia sanitaria. Nesta entrega, 'Grazas á vida' conta cun mestre e cunha traballadora da administración hospitalaria. Carlos Peinó e Fina Yález son dúas persoas con vocación de entrega aos demais, moi populares en Burela e a Mariña. -
03:25 h
OPERACIÓN MAREA NEGRA: OPERACIÓN MAREA NEGRA 3
Baseada na historia real do primeiro narcosubmarino interceptado en Europa, na ría de Aldán, esta produción internacional está dirixida por Daniel Calparsoro e protagonizada por Álex González. Odisea no Atlántico: 'Operación Marea Negra' amosa hoxe a viaxe de Nando, Walder e Angelito durante 20 días nun semisomerxible. Despois de vivir todo tipo de vicisitudes, chegan ao punto de encontro nas Azores, pero axiña aparecen unha patrulleira e un helicóptero da policía. -
04:05 h
OPERACIÓN MAREA NEGRA: OPERACIÓN MAREA NEGRA 4
Baseada na historia real do primeiro narcosubmarino interceptado en Europa, na ría de Aldán, esta produción internacional está dirixida por Daniel Calparsoro e protagonizada por Álex González. Último capítulo de 'Operación Marea Negra', coa policía pisándolle os talóns a Nando. Sen opcións, o protagonista decide afundir o narcosubmarino preto da costa galega. -
04:50 h
en emisiónLUAR: LUAR 1363
Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. O programa 'Luar' inaugura esta noite a súa temporada 32 co reto histórico de substituír a Xosé Ramón Gayoso. Para facelo, levará a cabo un casting que dirixirá a presentadora Esther Estévez, que lles irá dando paso aos e ás aspirantes, todos/as caras coñecidas da TVG. No eido musical, subirán ao escenario Pasión Vega, Los del Río e Mondra, e volve o concurso ‘Recantos’, que alcanza a súa décimo cuarta edición. -
07:55 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ