CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.
  • 09:00 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 15.07.2023

    Presenta Chus Tanoira.
  • 10:00 h

    LABRANZA: LABRANZA 1626

    Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 10:35 h

    DETRÁS DO ESPELLO: DETRÁS DO ESPELLO 5

    Serie documental. A través de seis capítulos, permite coñecer Galicia na ollada da xente da cultura que nos visitou desde 1900. 50 recoñecidos nomes das artes, ciencia e pensamento do último século pasaron polo noso país afondando na realidade galega e deixándose inspirar por ela. Neste capítulo dedicado a “Inspiración e paisaxe”, o programa achegarase a distintos autores que se viron abraiados pola nosa contorna. Os espectadores decubrirán a paixón que sente Julio Cortázar por Galicia, a de John Berger por
  • 12:05 h

    QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN IV 100

    Contidos frescos e sorprendentes, na edición de verán do magazine 'Quen anda aí?', que presentan Juan Fuentes, Eva Iglesias e Marcos Pereiro.
  • 13:00 h

    HORA GALEGA VERÁN: HORA GALEGA VERÁN 14

    Programa vivo e variado, presentado por Rocío Durán e Alberto Arruty, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 15:25 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 15.07.2023

  • 15:35 h

    EN VIVO E EN DIRECTO: EN VIVO E EN DIRECTO 5

    Programa presentado por Arturo Fernández e César Cambeiro, que cada sábado á tarde estará a pé de rúa para coñecer de primeira man o que pasa en Galicia. 'En vivo e en directo' estará hoxe na Illa de Arousa e no Vicedo seguindo os preparativos do día do Carme, ademais de visitar o Festival de Ortigueira, as Carrilanas de Esteiro e a Feira Medieval de Noia.
  • 18:05 h

    A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS (Resumos semanais): A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS IV (RESUMOS SEMANAIS) 36

  • 18:40 h

    GAÑAR OU FREGAR: Fisterra - Familia Lestón

    En cada entrega do programa, dous concursantes cociñan para unha familia, que cata os pratos que elaboran e actúa de xurado, decidindo quen consegue o premio do espazo e a quen lle toca facerse cargo da louza. Un concursante da Coruña e outra de Ourense cociñarán para unha familia de Fisterra que rexenta un dos restaurantes máis antigos do país.
  • 19:50 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XIV 542

    Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 15.07.2023

  • 22:05 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES IX 526

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' inicia a súa semana con cifra redonda no seu bote: 94.000 €. Raúl, de Burela; Mary, de Vilanova; Alba, de Sarria; Manolo, da Coruña, e Ángel, de Caldas, chegan ao programa dispostos a levar o gran premio.
  • 22:40 h

    BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXII 434

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro. A cantante galega Lucía Pérez e o artista romanés WRS visitan esta semana o programa 'Bamboleo'. O espectáculo tamén terá como protagonistas a orquestra La Ocaband e os bailaríns Nuno e Nagyla, campións do mundo de kizomba.
  • 01:30 h

    CLAC: CLAC 102

    Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior.
  • 02:15 h

    SEMPRE XONXA

    Conta a historia dunha muller, Xonxa, e dous homes, Pacho e Birutas. As súas relacións na infancia en 1947, na adolescencia en 1964 e na madurez nos anos 80, serven para poder vivir a emigración nas dúas vertentes do éxito e a miseria, na complexidade das relacións humanas, as lendas que se confunden coa realidade nunha aldea que vai morrendo, perdida nos montes de Galicia. O humor mestúrase co realismo máxico, tan presente na cultura galega.
  • 04:05 h

    en emisión

    O BELO ANTONIO

    Despois de pasar varios anos en Roma, Antonio regresa a Catania, a súa cidade natal. Ten un grande éxito coas mulleres porque é moi atractivo e de moi boa presenza. Os seus pais pensaron que Bárbara é a muller ideal para el e Antonio decide casar con ela.
  • 05:40 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 06:30 h

    DETRÁS DO ESPELLO: DETRÁS DO ESPELLO 5

    Serie documental. A través de seis capítulos, permite coñecer Galicia na ollada da xente da cultura que nos visitou desde 1900. 50 recoñecidos nomes das artes, ciencia e pensamento do último século pasaron polo noso país afondando na realidade galega e deixándose inspirar por ela. Neste capítulo dedicado a “Inspiración e paisaxe”, o programa achegarase a distintos autores que se viron abraiados pola nosa contorna. Os espectadores decubrirán a paixón que sente Julio Cortázar por Galicia, a de John Berger por