CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    HORA GALEGA: HORA GALEGA 198

    Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
  • 09:00 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 17.06.2023

    Presenta Chus Tanoira.
  • 10:40 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). O ‘Zigzag’ contará este sábado co grupo musical ourensán Lamatumbá, que volve aos escenarios despois de 12 anos de parón.
  • 11:00 h

    en emisión

    DETRÁS DO ESPELLO: DETRÁS DO ESPELLO 1

    Serie documental. A través de seis capítulos, permite coñecer Galicia na ollada da xente da cultura que nos visitou desde 1900. 50 recoñecidos nomes das artes, ciencia e pensamento do último século pasaron polo noso país afondando na realidade galega e deixándose inspirar por ela. A temática do primeiro capítulo é 'Modernidade e Globalización'. Nesta entrega, presentaranse autores coma George Chevalier, quen trouxo as primeiras fotografías en cor; o caso de Lorca, quen universalizou a nosa literatura cos se
  • 12:20 h

    FESTIGALIANDO: FESTIGALIANDO VII 54

    Programa festeiro, que se achega á música e ao ambiente dos concertos e festivais.
  • 12:45 h

    LABRANZA: LABRANZA 1666

    Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 13:30 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 17.06.2023

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 15:20 h

    NO FOCO: NO FOCO 17.06.2023

    Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
  • 15:40 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.06.2023

  • 15:50 h

    EN VIVO E EN DIRECTO

    Programa presentado por Arturo Fernández e César Cambeiro, que cada sábado á tarde estará a pé de rúa para coñecer de primeira man o que pasa en Galicia. No primeiro programa, os espectadores verán como se desenvolven os maiores coas novas tecnoloxías e lembrarán como hai anos a xente era capaz de meter todas as maletas nun 600.
  • 18:10 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: Beariz

    Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. Historia, paisaxismo e cultura na edición deste sábado de ‘Sen Código Postal’, que visita o concello ourensán de Beariz.
  • 19:20 h

    HISTORIAS A PEDAIS: Baiona-Oia, con Marta Larralde

    Cada sábado pola tarde, un convidado/a famoso/a e máis o ciclista Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, realizarán unha ruta polos recunchos máis espectaculares de Galicia mentres conversan da súa profesión ou da súa vida. 'Historias a pedais' propón esta semana unha ruta entre Baiona e Oia, coa actriz Marta Larralde como convidada.
  • 19:55 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XIII 534

    Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:55 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 11.06.2023

  • 22:05 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRAPAME SE PODES VIII 506

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O programa comeza un novo ciclo con cinco concursantes. Chus, da Coruña; Sergio, de Redondela; María, de Ourense; Jose, de Cuntis, e Pili, do Barco de Valdeorras, participan hoxe no programa. O bote sitúase nos 90.000 €.
  • 22:40 h

    BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXII 431

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. Andrés Suárez e Ricky Merino, dous artistas que arrasan no panorama musical nacional, visitan este sábado o programa 'Bamboleo'. A orquestra Fania Blanco Show traerá a verbena ao estudio do espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro para convertelo nunha auténtica festa.
  • 01:25 h

    CLAC: CLAC 98

    Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior.
  • 02:15 h

    ELISA E MARCELA

    En 1885, Elisa e Marcela coñécense na escola onde traballan. O que comeza como unha gran amizade remata nunha relación amorosa que teñen que vivir ás agochadas. Os pais de Marcela sospeitan desta relación e envíana ao estranxeiro uns anos. Á súa volta, o reencontro con Elisa é máxico e deciden ter unha vida en común. Ante a presión social e as faladurías, ambas as dúas trazan un plan: Elisa abandonará un tempo a vila para volver convertida en Mario e poder casar con Marcela, pero non todo será tan fácil par
  • 04:10 h

    PANTASMA DE AMOR

    Nino atópase no autobús cunha muller moi envellecida e de aspecto enfermizo que acaba confesándolle que é Ana, a muller a quen amou 20 anos antes. Cando Nino lles fala dese encontro aos seus amigos, un deles, que é médico, asegúralle que Ana morreu de cancro hai xa tempo. O extraordinario da situación esperta a curiosidade do protagonista.
  • 05:35 h

    DETRÁS DO ESPELLO: DETRÁS DO ESPELLO 1

    Serie documental. A través de seis capítulos, permite coñecer Galicia na ollada da xente da cultura que nos visitou desde 1900. 50 recoñecidos nomes das artes, ciencia e pensamento do último século pasaron polo noso país afondando na realidade galega e deixándose inspirar por ela. A temática do primeiro capítulo é 'Modernidade e Globalización'. Nesta entrega, presentaranse autores coma George Chevalier, quen trouxo as primeiras fotografías en cor; o caso de Lorca, quen universalizou a nosa literatura cos se
  • 06:40 h

    FESTIGALIANDO: FESTIGALIANDO VII 54

    Programa festeiro, que se achega á música e ao ambiente dos concertos e festivais.
  • 07:05 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.