CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    HISTORIAS A PEDAIS: Ribeira, con Manuel Millán

    Cada sábado pola tarde, un convidado/a famoso/a e máis o ciclista Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, realizarán unha ruta polos recunchos máis espectaculares de Galicia mentres conversan da súa profesión ou da súa vida. Ribeira é esta semana o destino de ‘Historias a pedais’, co actor Manuel Millán como convidado.
  • 08:35 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 10.06.2023

    Presenta Chus Tanoira.
  • 09:25 h

    NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1867

    Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
  • 09:40 h

    POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 486

    Programa relixioso.
  • 10:00 h

    SANTA MISA: SANTA MISA V 336

  • 10:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 11.06.2023

    Presenta Chus Tanoira.
  • 11:15 h

    PARLAMENTO: PARLAMENTO 1088

    Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
  • 11:45 h

    en emisión

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). 'Zigzag' falará hoxe da longametraxe ‘As tres outras vidas de María Santiso' co seu director, Roberto Alvite, e coa actriz protagonista, Lucía Veiga.
  • 12:15 h

    EN FEMININO SINGULAR: EN FEMININO SINGULAR III 23

    Programa que ten como obxectivo fomentar a igualdade na sociedade e que busca concienciar as mulleres, en particular, sobre a necesidade do empoderamento para rachar cos vestixios da desigualdade de xénero. A directora do aeroporto de Peinador e unha directiva de Stellantis Vigo, protagonistas hoxe no programa ‘En Feminino Singular’.
  • 12:50 h

    VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1119

    Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
  • 13:30 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 11.06.2023

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 15:30 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 11.06.2023

  • 15:35 h

    CAMIÑANTES E CANTANTES DE NORTE A SUR: CAMIÑANTES E CANTANTES 2022. DE NORTE A SUR 2

    A TVG explora con este programa a rivalidade musical entre os distintos Camiños de Santiago. Pepo Suevos e Manuel Manquiña enxalzarán a grandeza das rutas xacobeas que transcorren polas súas zonas, mentres que a agrupación La Oca Band poralles a banda sonora ás sendas de peregrinación do norte e do sur. Manuel Manquiña toma hoxe o relevo de Pepo Suevos para amosar a grandeza das rutas que cruzan Ourense e Pontevedra.
  • 17:05 h

    IMOS DE FEIRA: Paiosaco

    Javier Varela e Rafa Durán percorren os mercados ambulantes galegos máis destacados. Amais de entretemento e de descubrir numerosas anécdotas sobre a vida dos feirantes, o programa promete diversión e premios para os asistentes. 'Imos de Feira' visita esta semana a vila coruñesa de Paiosaco, onde dúas novas concursantes intentarán conseguir o premio do programa.
  • 18:10 h

    IMOS DE FEIRA: IMOS DE FEIRA II

    Programa no que Javier Varela e Rafa Durán percorren os mercados ambulantes galegos máis destacados. Amais de entretemento e de descubrir numerosas anécdotas sobre a vida dos feirantes, ‘Imos de Feira’ promete diversión e premios en cada edición para os asistentes. Os presentadores percorrerán hoxe Maceda para buscar aspirantes que loiten por conseguir ata 300 euros no día de feira.
  • 19:20 h

    VIVIR AQUÍ. O DÍA QUE ME CAMBIOU A VIDA: VIVIR AQUÍ. O DÍA QUE ME CAMBIOU A VIDA 11. A RAPA DA GALEGA

    Hai días que nos cambian a vida. Eses son os que se contan neste novo formato de 'Vivir Aquí'. Cunha duración media duns 30 minutos, búscanse acontecementos que supuxeran un cambio vital para alguén e que quedaran rexistrados na Televisión de Galicia dende a súa inauguración en 1985. Ese rico arquivo da vida e é o punto de partida destes programas, un arquivo que non ten ninguén máis que a TVG e que agora se rescata e se actualiza. Porque cada momento de cambio ten sempre unha continuidade no presente, un a
  • 19:50 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XIII 533

    Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 11.06.2023

  • 22:00 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRAPAME SE PODES VIII 502

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Roberto, de Narón; Belén, de Tomiño; Anxo, de Vilaxoán; Cristina, da Coruña, e Mateo, de Ares, participan por segundo día no 'Atrápame se podes'. Os cinco concursantes teñen a intención de facerse cun bote cuxo valor alcanza xa os 89.200 €.
  • 22:50 h

    XENTE MARABILLOSA: HOMOFOBIA

    Espazo de cámara oculta, presentado por Lucía Rodríguez, que pon o foco en casos de discriminación. Este exitoso formato, de fondo compromiso social, que xa triunfou noutras canles autonómicas, recollerá as reaccións de galegos e galegas anónimos/as e famosos/as antes estas situacións. Visibilizar a loita contra a homofobia é o obxectivo da edición desta noite de 'Xente Marabillosa', que contará coa presenza de Miguel Canalejo. O actor será o padriño deste programa e experimentará unha cámara oculta, mentre
  • 00:20 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XIII 533

    Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 01:15 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 02:10 h

    VAIA TROULA: VAIA TROULA XVII 197

    Espazo de entretemento que percorre as mellores festas galegas, presentado por Noelia Rey, na compaña das reporteiras Adela Bértolo, Amanda Fernández e Noelia Salgado. O programa 'Vaia Troula' vai este mércores de xira coa orquestra Panorama. Sairá por toda Galicia e tamén por fóra para descubrir os segredos mellor gardados desta mítica formación galega, unha auténtica enche estadios.
  • 03:10 h

    LUAR: LUAR 1354

    Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Trisha Fernández. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. O cantante David Civera e o reguetón de Lorna protagonizarán o 'Luar' deste venres. O programa da TVG tamén contará coas actuacións de La Casa de Los Ingleses, a Banda de Música Municipal da Estrada, a orquestra Galilea e o Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme.
  • 06:40 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). 'Zigzag' falará hoxe da longametraxe ‘As tres outras vidas de María Santiso' co seu director, Roberto Alvite, e coa actriz protagonista, Lucía Veiga.
  • 07:05 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 11.06.2023

    Presenta Chus Tanoira.
  • 07:55 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ