Programación
-
08:00 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA 193
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
09:00 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
09:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 10.06.2023
Presenta Chus Tanoira. -
10:45 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). A artista Ruth Lodeiro presenta hoxe en ‘Zigzag’ o seu proxecto ‘Fogar, meu fogar’, unha reflexión sobre as casas como reveladoras dos males sociais. -
11:05 h
en emisiónINIMITABLES: 20 anos de Mareas Vivas
Actores e actrices, veciños e fans de “Mareas Vivas” xúntanse hoxe en Laxe para celebrar un grande aniversario: os 20 anos dunha das series históricas da TVG, que fixo famosos a actores coma Luís Tosar, Miguel de Lira, Isabel Blanco e Luís Zahera, entre outros. Para celebralo por todo o alto, a TVG ofrece esta noite unha edición do programa “Inimitables”, conducida por Arturo Fernández, que se converterá nunha gran romaría, con moita música e festa e cunha gran sorpresa final. -
12:45 h
LABRANZA: LABRANZA 1665
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
13:30 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 10.06.2023
Presenta Chus Tanoira. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
15:20 h
NO FOCO: NO FOCO 10.06.2023
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado. -
15:45 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 10.06.2023
-
15:50 h
VAIA TROULA: VAIA TROULA XVII 197
Espazo de entretemento que percorre as mellores festas galegas, presentado por Noelia Rey, na compaña das reporteiras Adela Bértolo, Amanda Fernández e Noelia Salgado. O programa 'Vaia Troula' vai este mércores de xira coa orquestra Panorama. Sairá por toda Galicia e tamén por fóra para descubrir os segredos mellor gardados desta mítica formación galega, unha auténtica enche estadios. -
16:50 h
EVENTOS G: París contra Panorama
Os espectadores asistirán, no 'Evento G' que se ofrece este luns, a un duelo histórico: a París de Noia contra a Panorama. O enfrontamento entre as dúas orquestras galegas máis importantes será arbitrado por Alba Mancebo e Arturo Fernández. -
18:20 h
SEN CÓDIGO POSTAL: Friol
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. O carteiro de ‘Sen Código Postal’ coñecerá hoxe polo miúdo a vila lucense de Friol. -
19:25 h
HISTORIAS A PEDAIS: Dumbría, con Yayo Daporta
Cada sábado pola tarde, un convidado/a famoso/a e máis o ciclista Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, realizarán unha ruta polos recunchos máis espectaculares de Galicia mentres conversan da súa profesión ou da súa vida. O chef Yayo Daporta acompaña esta tarde a Óscar Pereiro en ‘Historias a pedais’ nun percorrido por Dumbría. -
19:55 h
MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XIII 532
Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 04.06.2023
-
22:00 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRAPAME SE PODES VIII 501
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' presenta nova tripulación, coa participación de Roberto, de Narón; Belén, de Tomiño; Anxo, de Vilaxoán, Cristina, da Coruña, e Mateo, de Ares. Os concursantes teñen a oportunidade de levar un bote que acumula 89.000 €. -
22:35 h
BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXII 430
Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. Pili Pampín e Henry Méndez, convidados no 'Bamboleo' deste sábado. Nesta noite de diversión e entretemento, os ritmos verbeneiros da orquestra Charleston Big Band convidarán a bailar. -
01:10 h
CLAC: CLAC 97
Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior. -
02:05 h
O SEXO DOS ANXOS
Bruno e Carla son parella. Cando coñecen a Rai, un “breaker”, deciden enfrontarse con valentía e sen tabús ás normas que existen sobre o amor, a infidelidade e os roles sexuais. -
03:45 h
ROCCO E SEUS IRMANS
Rosaria e os seus catro fillos abandonan a súa terra natal, Lucania, para emigrar a Milán na busca de traballo e oportunidades que lles permitan mellorar as súas condicións de vida. Alí atopan a Vicenzo, o irmán maior, que traballa de albanel, pero está relacionado co mundo do boxeo. -
06:50 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). A artista Ruth Lodeiro presenta hoxe en ‘Zigzag’ o seu proxecto ‘Fogar, meu fogar’, unha reflexión sobre as casas como reveladoras dos males sociais. -
07:05 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.