CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    HORA GALEGA: HORA GALEGA 188

    Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
  • 09:00 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 03.06.2023

    Presenta Chus Tanoira.
  • 10:40 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). O artista lalinense Guillermo Aymerich falará en ‘Zigzag’ da súa traxectoria e da exposición que presenta no espazo de arte Sirvent de Vigo, ‘Travelogue Valigia’.
  • 11:00 h

    en emisión

    INIMITABLES: Romarías

    Presentado por Arturo Fernández, o programa conta coas mellores formacións galegas, achega conversas cos músicos e cantantes sobre curiosidades das letras das cancións que interpretarán, a maneira en que adaptaron os temas ou divertidas anécdotas. Regresa 'Inimitables', espazo da TVG que realza a nosa música, cun percorrido polas principais romarías galegas. Desde Vilanova dos Infantes, Arturo Fernández proporá coñecer as variadas feiras e procesións que tanto lles gustan aos galegos.
  • 12:45 h

    LABRANZA: LABRANZA 1664

    Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 13:25 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 03.06.2023

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 15:20 h

    NO FOCO: NO FOCO 03.06.2023

    Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
  • 15:45 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 03.06.2023

  • 15:50 h

    CARBALLEIRA: CARBALLEIRA - PONTECESO

    María Mera percorre Galicia con ‘Carballeira’, un programa de telerrealidade que descubrirá lugares descoñecidos a través das vidas dos seus veciños, enchendo de emoción a tarde dos sábados con historias de encontros e rivalidades, de ledicias e tristezas, de música e humor. 'Carballeira' estará cos veciños de Ponteceso celebrando a súa 28ª Festa do Raxo e tamén coñecendo as súas historias máis persoais.
  • 18:15 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: Caldas de Reis

    Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. A vila de Caldas de Reis, famosa polo seu termalismo, recibe hoxe a visita do programa 'Sen Código Postal'.
  • 19:25 h

    HISTORIAS A PEDAIS: O Grove, con María Vázquez

    Cada sábado pola tarde, un convidado/a famoso/a e máis o ciclista Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, realizarán unha ruta polos recunchos máis espectaculares de Galicia mentres conversan da súa profesión ou da súa vida. O presentador de ‘Historias a pedais’, Óscar Pereiro, realizará hoxe unha ruta polo Grove acompañado da actriz María Vázquez.
  • 20:00 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XIII 530

    Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 28.05.2023

  • 22:00 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRAPAME SE PODES VIII 496

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O programa recibe unha nova tripulación de cinco concursantes. Claudia, de Vigo; Iván, de Xinzo de Limia; Auri, da Coruña; Pau, de Vilasantar, e Miriam, de Porto do Son, participan no programa. O bote sitúase nos 88.000 €.
  • 22:35 h

    BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXII 429

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. Os espectadores de 'Bamboleo' gozarán esta noite da privilexiada voz da cantante malagueña Diana Navarro. Á festa tamén se unirán a agrupación La Quinkillada e a orquestra Solara, que converterán o estudio do programa nunha auténtica verbena.
  • 01:15 h

    CLAC: CLAC 96

    Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior.
  • 02:00 h

    LOBOS DE ARGA

    (“Lobos de Arga”), de Juan Martínez Moreno, con Gorka Otxoa, Carlos Areces, Secun de la Rosa, Manuel Manquiña, Mabel Rivera, Luís Zahera, Marcos Ruiz. Gal, 2011, 101´, Comedia-Terror. 1910. En Arga, unha pequena vila de Galicia, unha terrible maldición cae sobre a malvada marquesa de Mariño e o seu fillo, converténdoo en home lobo no seu décimo aniversario. Cen anos despois, Tomás, un escritor fracasado e último descendente home dos Mariño, regresa á vila convencido de que van nomealo fillo adoptivo da loca
  • 03:40 h

    SPLENDOR

    Jordan é o propietario da sala de cine Splendor, situada nunha vila nos arredores de Roma. A súa vida sempre estivo vinculada ao cinema. Con todo, mentres que no pasado o negocio coñeceu momentos de gloria e esplendor, agora, en cambio, a xente deixou de ir ao cine, polo que a situación económica de Jordan volveuse moi precaria.
  • 05:25 h

    HISTORIAS A PEDAIS: O Grove, con María Vázquez

    Cada sábado pola tarde, un convidado/a famoso/a e máis o ciclista Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, realizarán unha ruta polos recunchos máis espectaculares de Galicia mentres conversan da súa profesión ou da súa vida. O presentador de ‘Historias a pedais’, Óscar Pereiro, realizará hoxe unha ruta polo Grove acompañado da actriz María Vázquez.
  • 05:55 h

    NO FOCO: NO FOCO 03.06.2023

    Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
  • 06:15 h

    LABRANZA: LABRANZA 1664

    Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 06:45 h

  • 07:10 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.