CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    HORA GALEGA: HORA GALEGA 163

    Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
  • 09:00 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 09:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 29.04.2023

    Presenta Chus Tanoira.
  • 10:40 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). No Día Internacional da Danza o cultural recibe o bailarín, coreógrafo e produtor compostelán Óscar Cobos.
  • 11:05 h

    en emisión

    INIMITABLES: Julio Iglesias

    Presentado por Arturo Fernández, o programa conta coas mellores formacións galegas, achega conversas cos músicos e cantantes sobre curiosidades das letras das cancións que interpretarán, a maneira en que adaptaron os temas ou divertidas anécdotas. Neste especial, os espectadores escoitarán as súas grandes cancións nas mellores voces do panorama galego.
  • 12:40 h

    LABRANZA: LABRANZA 1659

    Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 13:30 h

    GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 29.04.2023

    Presenta Chus Tanoira.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 15:20 h

    NO FOCO: NO FOCO 29.04.2023

    Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
  • 15:45 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 29.04.2023

  • 15:50 h

    CARBALLEIRA: CARBALLEIRA V 38

    María Mera percorre Galicia con ‘Carballeira’, un programa de telerrealidade que descubrirá lugares descoñecidos a través das vidas dos seus veciños, enchendo de emoción a tarde dos sábados con historias de encontros e rivalidades, de ledicias e tristezas, de música e humor. O programa estará este sábado na Festa do Champiñón de Ordes, desde onde lles presentará aos espectadores a historia de catro mulleres con moito vivido.
  • 18:05 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: Mañón

    Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. A localidade coruñesa de Mañón é esta semana o destino do programa.
  • 19:20 h

    HISTORIAS A PEDAIS: Terra de Trives con Diego González Rivas

    Cada sábado pola tarde, un convidado/a famoso/a e máis o ciclista Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, realizarán unha ruta polos recunchos máis espectaculares de Galicia mentres conversan da súa profesión ou da súa vida. O prestixioso cirurxián Diego González Rivas subirá hoxe á bicicleta para percorrer con Óscar Pereiro a terra de Trives.
  • 20:00 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XIII 520

    Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 29.04.2023

  • 22:00 h

    ATRÁPAME SE PODES: ATRAPAME SE PODES VIII 471

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Cinco novos concursantes preséntanse no 'Atrápame se podes' con gana de pasalo ben e de intentar conseguir un bote que comeza a semana en 83.000€. Javier de Santiago, Cris de Culleredo, Raúl de Lobios, Lorena de Nigrán e Manuel de Ribeira viven a súa primeira experiencia no programa.
  • 22:45 h

    BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXI 425

    Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro. O grupo canario Efecto Pasillo presenta esta noite o seu novo disco en 'Bamboleo'. O espazo da TVG contará tamén coa visita do artista vimiancés DJ Rokiño e dun dos cantantes máis punteiros da verbena galega: Diego Moreira.
  • 01:30 h

    CLAC: CLAC 91

    Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior.
  • 02:10 h

    OS MORTOS VAN Á PRÉSA

    Irene é unha camioneira que chega á pequena vila mariñeira de Fariño do Mar coa intención de adquirir marisco. O seu camión queda atrancado no interior da vila, entre un monumento surrealista e a porta do cemiterio, xusto o día en que os mariñenses van dar o seu último adeus a Cándido, vello mariñeiro e artista local, ademais de pai de Filomeno, patrón maior da confraría de mariscadores de Fariño. O acontecemento impide celebrar as honras fúnebres mentres que as vellas xenreiras entre uns e outros acentúans
  • 03:55 h

    A BOCA ABERTA

    Este drama céntrase nunha muller que está na última etapa dunha enfermidade terminal e nas repercusións da súa enfermidade nos seus familiares máis cercanos.
  • 05:20 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 06:10 h

    LABRANZA: LABRANZA 1659

    Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 06:45 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). No Día Internacional da Danza o cultural recibe o bailarín, coreógrafo e produtor compostelán Óscar Cobos.
  • 07:05 h

    O FARO

    Serie. 'O Faro' é un restaurante propiedade dos Peña, onde discorre a historia desta familia que intenta sacar adiante o seu negocio malia o enfrontamento que mantén coa familia Muñoz, dona da empresa "Os Samáns", que pretende mercar as súas propiedades para construír unha estrada. Lidia está a piques de descubrirlle ao seu irmán Ricardo a súa paternidade. Lucía convence a Patri para que loite pola súa relación con Vítor. Pode que unha terceira persoa se interpoña entre Berta e Xesús, pero que supoña un suc