CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    BOS DÍAS

    Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista ao conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez.
  • 10:25 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

  • 10:30 h

    en emisión

    A REVISTA

    Presenta Loly Gómez. Inclúe "Adiantos Informativos". 'A Revista' analiza con Víctor Muñoz e Óscar Casal, expertos de Facua e Flexicar, o encarecemento dos vehículos novos e incremento na venda dos de segunda man.
  • 12:00 h

    A BÓLA EXTRA

    A TVG e a RG unen a súa emisión nesta innovadora experiencia de radio televisada. Chega ás pantallas o tempo para o humor do ‘Galicia por Diante’, con Kiko Novoa, Cristina García e Octavio Villazala.
  • 12:30 h

    ESTACHE BO!: Chourizo con xuliana salteada

    Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
  • 12:55 h

    ESTACHE BO!: Patacas gratinadas con pavo

    Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
  • 13:30 h

    ATMOSFÉRICOS: ATMOSFERICOS 13.04.2023

    Programa diario sobre meteoroloxía presentado por Sevi Martínez. Aborda de luns a venres a actualidade do clima, o medio ambiente, o cambio climático e as súas consecuencias, así como os asuntos relativos aos sectores primarios directamente dependentes do tempo.
  • 13:50 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA

    Presenta Marta Darriba.
  • 15:15 h

    TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 13.04.2023

    Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
  • 15:35 h

    O TEMPO

  • 15:45 h

    QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XII 694

    Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
  • 18:55 h

    AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 140

  • 19:05 h

    HORA GALEGA: HORA GALEGA 152

    Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
  • 20:25 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.
  • 21:40 h

    O TEMPO

  • 21:50 h

    LAND ROBER TUNAI SHOW: LAND ROBER (TUNAI SHOW) XX 310

    Programa presentado por Roberto Vilar, cunha proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. Carmen Lomana volve ao programa e terá que poñerse a cociñar. Ademais, unirase ao show desta noite o cantautor galego Andrés Suárez, que vai descubrir o talento que hai en Galicia e máis aló das nosas fronteiras.
  • 00:15 h

    ERA VISTO!: ERA VISTO! X 141

    Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna.
  • 00:40 h

    HOLLYWOOD, DEPARTAMENTO DE HOMICIDIOS

    Joe Gavilan e K. C. Calden, dous axentes do departamento de policía dos Anxeles, están a levar a cabo as investigacións sobre os asasinatos dunha coñecida banda de rapeiros. Gavilan, desilusionado á vez que tenaz, está no cumio da súa carreira profesional, pero a súa vida persoal estase a vir abaixo. Gaña tamén a vida como axente inmobiliario. O seu novo compañeiro, Calden, semella estar máis interesado na súa actividade como instrutor de ioga e as súas aspiracións a actor, que na importante investigación q
  • 02:30 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.
  • 03:30 h

    O FARO

    Serie. 'O Faro' é un restaurante propiedade dos Peña, onde discorre a historia desta familia que intenta sacar adiante o seu negocio malia o enfrontamento que mantén coa familia Muñoz, dona da empresa "Os Samáns", que pretende mercar as súas propiedades para construír unha estrada. A visita de Erea ao Faro ten moitas consecuencias porque enfronta a Ricardo con Lucía, a Ricardo con Erea, e, sobre todo, porque se vai descubrir como soubo Erea que alí podía atopar a Lucía. Mentres se complica a vida amorosa en
  • 04:10 h

    O FARO

    Serie. 'O Faro' é un restaurante propiedade dos Peña, onde discorre a historia desta familia que intenta sacar adiante o seu negocio malia o enfrontamento que mantén coa familia Muñoz, dona da empresa "Os Samáns", que pretende mercar as súas propiedades para construír unha estrada. Xesús explícalle a Xosé de onde vén o diñeiro que lle ofrece. Ricardo, desesperado porque perde a Lucía, pídelle axuda a Patricia, a súa mellor amiga, para recuperala. Lidia e Erea enfádanse polas verdadeiras razóns desta última
  • 05:00 h

    O FARO

    Serie. 'O Faro' é un restaurante propiedade dos Peña, onde discorre a historia desta familia que intenta sacar adiante o seu negocio malia o enfrontamento que mantén coa familia Muñoz, dona da empresa "Os Samáns", que pretende mercar as súas propiedades para construír unha estrada.
  • 05:55 h

    ESTACHE BO!: Patacas gratinadas con pavo

    Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
  • 06:25 h

    TELEXORNAL SERÁN

    Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva.
  • 07:25 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

  • 07:30 h

    GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

    Presenta Eduardo Herrero.